As probas de imaxe, Resonancia Magnética e ecografía, realizadas polos servizos médicos do RC Celta ao porteiro Agustín Marchesín, confirmaron a rotura total do tendón de Aquiles esquerdo do gardameta, quen foi intervido á primeira hora desta tarde polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, no Hospital Fremap de Vigo.
A operación realizouse sen complicacións, aínda que a Marchesín agárdalle un longo período de baixa, ao redor dos 8 meses. O RC Celta quere enviarlle ao gardameta celeste unha calorosa mensaxe de ánimo e desexarlle unha completa recuperación.