aspas_iago_colegios_visitas_vigo_celta.jpg
Primeiro Equipo

O plantel do Celta difunde hábitos saudables e celtismo nos colexios de Vigo

RC Celta

Regresan as tradicionais visitas dos xogadores do RC Celta aos centros educativos de Vigo e os seus arredores. Como cada ano, a Fundación Celta organiza esta iniciativa co obxectivo non só de difundir o sentimento celtista entre os máis pequenos, senón tamén para transmitirlles hábitos saudables a través do testemuño dos propios futbolistas.

Os primeiros centros que recibiron as visitas dos xogadores celestes foron o CEIP Ramón y Cajal (Guidetti), Los Sauces (Tucu Hernández), Rosalía de Castro (Iago Aspas), Humberto Juanes (Sisto), Apóstolo Santiago (Wass), Montecastelo (Lobotka) e Calasancias (Radoja). Proximamente máis colexios da comarca poderán coñecer aos futbolistas célticos e recibir en primeiro persoa os seus consellos sobre alimentación, práctica deportiva e coidado persoal.

A Fundación Celta, responsable de articular o labor socioeducativa da entidade celeste, continúa así desenvolvendo e mellorando os seus programas e actividades de achegamento do celtismo á afección así como a difusión dos valores do deporte á sociedade.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas