Comeza a campaña 2017/18 no RC Celta. O primeiro equipo inicia a pretemporada baixo as ordes de Juan Carlos Unzué este luns 10 de xullo nas instalacións deportivas da Madroa. Farao dende o día un cunha dobre sesión en xornada matinal (09:30) e vespertina (18:30) que na primeira semana de adestramentos repetirase o martes, xoves e venres.
O mércores o plantel adestrarase só pola mañá para dedicar a tarde a realizar probas médicas. Xa o sábado, os futbolistas celestes exercitaranse a primeira hora e pola tarde gozarán de descanso, do mesmo xeito que durante todo o domingo. Os afeccionados celtistas poderán asistir ao primeiro adestramento da semana na Madroa, que se realizará a porta aberta.
DATA | LUGAR | HORA |
Luns |
A Madroa |
09:30 (porta aberta) | 18:30 |
Martes | A Madroa |
09:30 | 18:30 |
Mércores |
A Madroa |
09:30 |
Xoves |
A Madroa |
09:30 | 18:30 |
Venres | A Madroa |
09:30 | 18:30 |
Sábado | A Madroa | 09:30 |
Domingo |
– |
DESCANSO |