O canteirán Levy Madinda incorporouse esta mañá aos adestramentos do Celta na Madroa tras o seu paso pola Selección de Gabón. O centrocampista foi titular nos dous partidos da eliminatoria mundialista ante Mozambique. O combinado gabonés, que perdeu 1-0 no primeiro choque e venceu con idéntico resultado no encontro de volta, superou aos mozambiqueños na quenda de penaltis (4-3), polo que continúan adiante na carreira por conseguir unha praza no Mundial 2018.