O centrocampista Marcelo Díaz chegou este xoves a Vigo para converterse en futbolista do Real Club Celta, a expensas de superar o recoñecemento médico e de pechar o acordo definitivo. Os servizos médicos celestes xa dispoñen dunha detallada información da evolución da lesión que o centrocampista sufriu o pasado mes de decembro e a confirmación de que estará plenamente dispoñible nun prazo máximo de tres semanas.
Internacional absoluto coa Selección de Chile desde 2011, Marcelo Díaz (1986, Chile) é un experimentado mediocampista dono dunha exquisita calidade e golpeo de balón. Os seus primeiros pasos futbolísticos deunos na Universidade de Chile, club co que gañou tres torneos apertura, un clausura e unha Copa Suramericana.
En 2012 embarcouse na súa primeira experiencia no fútbol europeo. Durante tres campañas no FC Basel suízo anotou 13 goles e levantou dous campionatos ligueiros ademais de alcanzar unha semifinal da Europa League e participar en dúas Champions League. O seu bo rendemento no club de Basilea levoulle a asinar polo Hamburg SV da Bundesliga, conxunto desde o que chega a Vigo.
Destacado membro da Selección de Chile, o pasado verán conquistou a Copa América e foi incluído no once ideal do torneo, tan só una das distincións individuais que recibiu ao longo da súa carreira.