Primeiro Equipo

O dianteiro celeste Charles non terá que pasar polo quirófano

RC Celta

charles-cota_sev-cel_1314.jpg

Siho Material Hospitalario realizaralle unha máscara a medida para que poida adestrar con normalidade

 

O dianteiro do Real Club Celta Charles non terá que pasar polo quirófano tras a fractura dos ósos propios do nariz que sufriu en Vallecas. O especialista en cirurxía maxilofacial, Jesús Sandoval, examinou hoxe o TAC realizado no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima ao xogador e concluíu que a redución da fractura e a aliñación dos ósos son correctas, polo que non necesitará pasar polo quirófano, tal como esperaban os servizos médicos celestes.

 

O ariete celeste comezará a exercitarse co resto do grupo con normalidade nas próximas horas, cando dispoña dunha máscara protectora adecuada. Neste sentido, a empresa Siho Material Hospitalario confeccionará unha máscara a medida para o futbolista, que recibirá este dispositivo nas próximas horas para poder sumarse aos adestramentos.

 

O vindeiro venres, valoraranse os riscos que leva para a súa lesión a práctica do fútbol e tomarase unha decisión definitiva sobre a súa participación no partido do sábado ante a Real Sociedad en Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas