O Dr. García Cota realizou esta mañá unha artroscopia ao xogador no Hospital Vithas Fátima
O futbolista céltico Carles Planas foi intervido satisfactoriamente do seu xeonllo esquerdo esta mañá no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima. O Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos, realizou unha artroscopia na que se confirmou “a sospeita de que tiña unha lesión do menisco interno”. O galeno celeste compareceu ante os medios tras a operación: “Procedemos a sacar o anaco de menisco roto. O resto do xeonllo está en perfecto estado e calculamos un prazo de recuperación de 8 semanas, segundo a evolución”, explicou o doutor.
CeltaTV: t.co/2zbuLiGWBW