Primeiro Equipo

O danés Krohn-Dehli, convocado para medirse a Inglaterra

RC Celta

atl-cel_MKD.jpg

O danés estará en Wembley o 5 de marzo para participar no amigable ante a selección inglesa

 

O centrocampista Michael Krohn-Dehli continúa sendo un fixo nas convocatorias da selección de fútbol de Dinamarca. Nesta ocasión o celeste foi incluído na lista de xogadores daneses que se medirán o vindeiro mércores 5 de marzo ao combinado nacional de Inglaterra. O escenario deste encontro amigable será o novo Estadio de Wembley, en Londres, unha das catedrais do fútbol mundial.

 

Na mesma data, os célticos Augusto Fernández e Fabián Orellana tamén participarán en partidos amigables internacionais. O arxentino vestirá a albiceleste ante Romanía, en Bucarest, mentres que o chileno viaxará á cidade xermana de Stuttgart para enfrontarse á selección de Alemaña.

 


 

Krohn-Dehli: Inglaterra-Dinamarca (05/03/2014, Londres)

 

Augusto: Romanía-Arxentina (05/03/2014, Bucarest)

 

Orellana: Alemaña-Chile (05/03/2014, Stuttgart)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas