Primeiro Equipo

O Celta vence en Ipurúa e suma outros tres merecidos puntos

RC Celta

eib-cel-1415.jpg

Os vigueses alcanzan os 42 puntos. Nolito marcou o único gol desde o punto de penalti (0-1)

 

Merecido triunfo do Celta en Ipurúa. Os vigueses venceron grazas a un gol de Nolito desde o punto de penalti. No segundo tempo os de Berizzo puideron sentenciar en numerosas ocasións, pero o marcador non se moveu. O Eibar estivo a piques de sorprender na recta final do encontro cun disparo ao traveseiro.

 

Escasas ocasións no primeiro tempo. O Celta mantiña a posesión do balón pero un Eibar ben plantado impedía que os vigueses desenvolvesen o seu xogo con comodidade. Santi Mina e Krohn-Dehli buscaron o gol con remates desde fóra da área, o cadro armeiro tivo un par de chegadas aproveitando desaxustes defensivos… pero ningún dos equipos chegaba a inquietar a portaría rival.

 

Mediada a primeira parte Larrivey caeu na área local e o colexiado sinalou penalti, decisión que corrixiu acertadamente tras consultar co seu asistente. Larrivey viu a amarela por deixarse caer. Ao trinta minutos Krohn-Dehli enviou un balón rozando o poste da portaría vasca e, pouco despois, Hugo Mallo viu como se anulaba o seu gol por unha man previa de Nolito.

 

Ao bordo do descanso Santi Mina foi derrubado na área e, esta vez si, o árbitro sinalou penalti a favor do Celta. Nolito non fallou a pena máxima e puxo aos celestes por diante no marcador.

 

Tras a continuación o Celta prodigouse en ataque e tivo moitas oportunidades para sentenciar o encontro. O Eibar intentou acadar o empate pero a boa labor da zaga celeste e de Sergio evitaron o empate. A cinco minutos para o final do encontro Didac Vila estrelou o balón contra o traveseiro da portaría céltica. Merecido triunfo dos galegos.

 

FICHA TÉCNICA

0-SD EIBAR: Irureta, Bóveda, Capa (Piovaccari, min.46), Arruabarrena, Borja FF, Dani García (Lekic, min.68), Lillo, Didac Vila, Saúl, Raúl Navas e Javi Lara (Manu del Moral, min.46).

 

1-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, min.86), Orellana, Santi Mina (Pablo Hernández, min.70), Nolito (Charles, min.91) e Larrivey.

 

Goles: Nolito, 0-1 (min.40)

 

Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Amonestou polo Celta a Larrivey e Orellana e polo Eibar a Arruabarrena.

 

Campo: Ipurúa

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas