Primeiro Equipo

O Celta vence ao Málaga e alimenta o seu soño

RC Celta

cel_mal_29415.jpg

Nolito anotou a falta de dous minutos para o final tras un partido vibrante (1-0)

 

Partido vibrante, de amplo dominio celeste nalgunhas fases e alterno noutras, con ataques e contras constantes e os paus como protagonistas en ambas as áreas. Ao final, co partido roto, Nolito culminou unha boa xogada de Santi Mina para selar a vitoria celeste.

 

Dominio celeste desde o primeiro instante, aínda que a un ritmo pausado, e primeira gran ocasión aos 5 minutos cun remate de Fontás á saída dun córner que tapou ben Kameni.

 

Sete minutos despois, bo centro de Orellana desde a esquerda e cabezazo de Pablo Hernández que saíu lixeiramente elevado. Seguía o control celeste ante un rival que non lograba xerar apenas perigo, pero que defendía con orde e empeño.

 

Os ataques celestes eran constantes, con chegadas por ambas as bandas e, unha vez máis, un gran fútbol. Aos 26 minutos, xogada espectacular en ataque que Charles non pido culminar ante Kameni. O ariete regateou ao porteiro, pero, case sen ángulo, rematou fóra.

 

Aos 33 minutos asomou por primeira vez o Málaga, e fíxoo cun perigo tremendo. Boa xogada combinativa que acabou con Darder só ante Sergio, pero o remate do malaguista estrelouse na madeira.

 

A ocasión visitante apagou un tanto ao Celta e o descanso chegou sen apenas chegadas.

 

Tras a continuación, o Celta retomou o mando con firmeza e nos primeiros minutos volveu protagonizar varias chegadas con perigo. Tambilen fíxoo o Málaga ao bordo dos 10 minutos cun par de boas ocasións á contra ante un Celta moi envorcado arriba.

 

O partido rompeu nesa fase cun Málaga que dispuña de espazos para correr ao contragolpe e un Celta que acusaba o esforzo acumulado en tan intensa semana.

 

A epsar diso, aos 14 minutos, o pau impediu en dúas ocasións o tanto celeste, Charles cabeceou ao traveseiro e Pablo Hernández ao pau tras o anterior rexeite. Inmellorable ocasión para desnivelar o choque nun momento clave.

 

O encontro era un constante ida e volta, con espazos en ambos os campos e un ritmo moi elevado. A velocidade adoita ser inimiga da precisión, en especial cando o cansazo axexa e o encontro voou cara ao final sen ocasións claras. A falta de dous minutos gran xogada de Santi Mina, con pase atrás e certeiro remate de Nolito á rede. O soño segue vivo.

 

FICHA TÉCNICA

1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Álex López, min.71), Orellana, Pablo Hernández (Santi Mina, min.63), Nolito e Charles (Larrivey, min.79)

 

0-Málaga C.F: Kameni, Torres, Welligton, Angeleri, Rosales, Horta Castillejo, min.54), Tissone, Duda (Juanmi, min.63), Darder (Recio, min.88), Samuel e Amrabat,

 

Goles: 1-0, mi.88: Nolito

 

Árbitro: Alejandro José Hernández, do comité das Palmas. Amonestou a Augusto, Álex López, Darder, Juanmi, Tissone, Welligton, Recio

 

Campo: Balaídos:,17.205 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas