Primeiro Equipo

O Celta tópase contra un muro e sufre unha dolorosa derrota

RC Celta

celta_eibar_web.jpg

Os celestes dominaron, realizaron innumerables remates e encaixaron na única chegada do Eibar

 

O Celta topouse cunha muralla. Dominou de principio a fin, acumulou unha infinidade de chegadas, centros, remates… e acabou perdendo por un solitario gol de Manu en case o único remate do Eibar a porta. Dolorosa derrota para un equipo vigués moi superior a un rival rochoso atrás e tremendamente efectivo arriba.

 

Aos 3 minutos, bo remate de Larrivey que despexou a saque de esquina Irureta. Foi a primeira dunha boa, e longa, serie de chegadas dun Celta que empuxaba con decisión a un Eibar incapaz de saír do seu campo. A meta visitante atrapou aos 7 minutos un remate próximo de Hugo Mallo nun novo ataque dos celestes, irresistibles no tramo inicial do choque.

 

O cadro vasco apareceu en ataque aos 12 minutos cun remate alto na interior da área. Con esta xogada rompeu o monólogo celeste, aínda que non logrou arrefriar a un Celta que mantiña o seu dominio e a súa decidido procura da área rival. Irureta luciuse ao bordo do cuarto de hora para desviar un bo cabezazo de Nolito.

 

Krohn-Dehli rozou a escuadra cunha espectacular volea desde a frontal tras outra brillante xogada ofensiva do Celta, espléndido na circulación de balón e na presión.

 

Con todo, aos 29 minutos, Manu recibiu só ante Sergio e bateuno por baixo. Un minuto antes o porteiro celeste sacáralle un remate de socato. O Eibar, que apenas tiña posesión, necesitou un par de llagadas para marcar. O Celta, dominador absoluto do choque, encadeaba unha tras outra sen éxito.

 

O conxunto celeste tentouno sen desmaio até o descanso ante un rival totalmente metido no seu campo, que logrou defender a súa vantaxe até o asubío final.

 

Tras o descanso, o Celta retomou o mando do choque, co Eibar defendendo en masa e buscando a contra. Irureta desviou aos 4 minutos un cabezazo de Larrivey na primeira gran ocasión da segunda metade. O acoso celeste era tremendo, pero infrutuoso. Multitude de chegadas, de centros e balóns á área, de remates, sen consecuencias. A falta dun cuarto de hora ara o final, mirar cara ao marcador resultaba doloroso, e incrible… o pau, xa no desconto, acabou coas esperanzas celestes.

 

FICHA TÈCNICA

 

0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo (Charles, min.72), Cabral, Fontás, Jonny (Planas, min.82), Radoja (Augusto, min.63), Álex López, Krohn-Dehli, Orellana, Nolito e Larrivey

 

1-Eibar: Irureta, Bóveda, Albentosa, Raúl Navas, Lillo, Dani García, Capa (Ángel, min.88), Boateng, Arruabarrena, Saúl Berjón (Abraham, min.43) e Manu

 

Goles: 0-1, min.29: Manu

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amonestou a Larrivey, Álex López, Fontás, Augusto, Saúl Berjón, Bóbeda, Lillo, Abraham, Manu (Errasti, min.80)

 

Campo: Balaídos, 16.843 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas