Primeiro Equipo

O Celta tira de calidade e oficio para sumar unha reconfortante e valiosa vitoria

RC Celta

celtarealsociedad1516.jpg

 

O Celta sumou ante a Real Sociedade unha vitoria reconfortante e valiosa para manter vivas as súas ilusións no tramo final do campionato. Boa primeira metade dos célticos con golazo de Iago Aspas e máis oficio na segunda, na que sufriu o empuxe da Real.

 

O partido arrincou con bo ritmo, moito toque e unha férrea presión nas zonas decisivas que se traduciu na inexistencia de ocasións nun primeiro tramo entretido, pero carente de emoción.

 

Chegou de súbito aos 15 minutos cun desmarque de ruptura de Iago Aspas que Nolito viu. O gaditano písolle o coiro cunha precisión asombrosa e o canteirán controlou e picou, con moi pouco espazo, de maneira xenial sobre Rulli. Fantástico tanto.

 

O Celta desatouse tras o golazo de Iago e comezou a acumular boas chegadas, fabricadas de maneira brillante. O partido se pausó un tanto até o descanso, que chegou tras unha gran xogada colectiva do Celta que desbaratou Rulli.

 

Tras a continuación, o Celta saíu un tanto atorado e a Real máis envorcada e decidido. Sufriron os celestes nos minutos iniciais, máis empuxe que ocasións. Non eran capaces de ganduxar xogo nin de saír con claridade. Os célticos si chegaron ben ao bordo da media hora de xogo cun par de boas ocasións para sentenciar o choque. Os locais tiraron de oficio e souberon aguantar até o final a súa vantaxe para sumar unha importante vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Marcelo Díaz, Wass (Señé, min.73), Iago Aspas (Bongonda, min.78), Nolito e Guidetti (Beauvue, min.61)

 

0-R Sociedad: Rulli, Illarra, Íñigo, X. Prieto (Bruma. Min.76), R. Pardo, Zaldua (Vela, min.55), Reyes, Oyarzabal, Elustondo, Yuri (Héctor, min.83) e Jonathas

 

Goles: 1-0, min.15: Iago Aspas

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Cabral, Radoja, Marcelo Díaz, Yuri

 

Campo: Balaídos, 17.767 espectadores    

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas