Primeiro Equipo

O Celta tingue ‘O Noso Derbi’ de celeste e branco

RC Celta

victoria-onosoderbi-riazor.jpg

Os vigueses venceron merecidamente ante o Deportivo con goles de Charles e Larrivey (0-2)

 

O Celta de Eduardo Berizzo levou merecidamente o derbi galego en Riazor. Os celestes, liderados por un gran Krohn-Dehli, foron superiores ante un Deportivo que plantou cara por momentos. O partido resolveuse no segundo tempo con goles de Charles e Larrivey.

 

O Deportivo empezou o encontro con gran ímpeto e exercendo unha enorme presión que impedía aos celestes manter a posesión do balón para despregar o seu habitual xogo de toque. Ambos os equipos inquietaban timidamente as portarías, con disparos afastados sen complicacións para os gardametas. Mediado o primeiro tempo o cadro coruñés reduciu unha marcha, situación que aproveitou o Celta para atopar a súa mellor versión sobre o céspede e empezar a trenzar accións ofensivas baixo a batuta dun gran Krohn-Dehli, que sacou a relucir o seu mellor repertorio de pases.

 

No 24 Nolito asistiu ao xogador danés na área, que non chegou a rematar por pouco. Escasos minutos despois foi o futbolista escandinavo o que puxo en bandexa un balón a Charles que o brasileiro non acertou a aproveitar. O descanso chegou cando os vigueses sentían máis cómodos e incisivos.

 

E nada máis arrincar a segunda parte… gran combinación e gol dos celestes. Augusto abriu para Nolito, o andaluz cruzou o balón ao segundo pau para Orellana, o chileno picou o balón e Charles tan só tivo que empuxala de cabeza para pór o 0-1 no marcador. O tanto vigués deixou tocado ao conxunto coruñés, que puido meterse de cheo no partido no minuto 70, cando gozou dunha tripla ocasión desbaratada por un xenial Sergio Álvarez e o traveseiro da portaría céltica. Instantes despois da mellor oportunidade do Deportivo para empatar, Lopo viu a segunda amarela e deixou ao seu equipo cun home menos.

 

Os locais batallaron aínda en inferioridade numérica, pero o Celta era quen levaba a batuta do encontro. No minuto 81 unha falta de entendemento entre Luisinho e Fabricio, aproveitada por un recentemente entrado Larrivey, derivou no segundo e definitivo gol vigués. Importantísima vitoria nun dos grandes partidos da tempada. O Celta confirma a súa recuperación tras sumar dez puntos dos últimos doce posibles.

 

FICHA TÉCNICA

0-RC Deportivo: Fabricio, Juanfran, Lopo, Sidnei, Luisinho, Bergantiños, Borges, J. Rodríguez (Cuenca, min.55), Cavaleiro (Hélder Costa, min.68), Lucas Pérez e Oriol Riera

 

2-RC Celta: Sergio, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Jonny, Radoja, Augusto, Krohn-Dehli (Tucu Hernández, min.90), Orellana (Álex López, min.76), Nolito e Charles (Larrivey, min.72)

 

Goles: Charles, 0-1 (min.46); Larrivey, 0-2 (min.82)

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Expulsou a Lopo con dobre amarela no 72′. Amonestou a Charles, Lucas Pérez, Nolito, Sergio

 

Campo: Riazor

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas