Guidetti anotou de penalti e Madinda fixo un dobrete (0-3)
O Celta impúxose con claridade esta tarde ao Coruxo en O Vao nun partido que os celestes dominaron desde o primeiro instante ante un bo rival, que defendeu con orde e contragolpeó con perigo. Guidetti abriu o marcador de penalti e Madinda anotou un dobrete.
A primeira ocasión do partido foi para o cadro local. Pedro Vázquez plantouse ante Sergio e o canteirán liquidou con éxito o man a man. O Celta respondeu cunha boa xogada por banda esquerda, unha deixada de Guidetti e un remate de pape que desviou a meta local.
No minuto 17, Guidetti encarou a Brais e foi derrubado na área polo porteiro do Coruxo. O sueco anotou o panalti para adiantar a un Celta que dominaba, pero non creara excesivas ocasións.
Aos 24 minutos, pape puido aumentar a vantaxe tras un bo centro de Guidetti, pero o seu remate saíu lixeiramente desviado. O Celta mantivo o control do partido ante un rival que defendía con todos no seu campo, con orde e disciplina, e que contragolpeaba con perigo. Puido empatar aos 37 minutos cun remate de Ortiz, só ante Sergio, que saíu fóra. O descanso chegou coa mínima vantaxe celeste.
Tras a continuación, Orellana roubou preto da área, enviou a Iago Aspas e este cedeulla a Madinda para que o canteirán anotase o segundo. Ían 2 minutos de xogo.
O Celta mantiña o dominio ante un adversario que defendía con solvencia e dificultaba labúsqueda de espazos nas proximidades da súa área. Aos 25 minutos, Madinda recolleu un balón solto fose da área e anotou cun bo zurdazo desviado por un defensa.
FICHA TÉCNICA
0-CORUXO FC: Brais, Cristóbal, Alberto García, Acoidan Roque, Jon Vega, Raúl Medina, Antúnez, Armental, Comesaña, Pedro Vázquez e Ortiz. Tamén xogaron Fernando, Cifuentes, Luciano, Jorge Fernández, Mella, Yago Pérez, Pablo García, Babichev, Miguel, Maxi, Pedro Juan e Gerges.
3-RC CELTA: Sergio, Borja Fernández, Fontàs, S.Gómez, Jonny, Augusto, Pape Cheikh, Señé, Jordan, Bongonda e Guidetti. Na segunda metade xogaron Rubén, Wass, Costas, Cabral, Radoja, Planas, Madinda, Pablo Hernández, Rioja, Orellana e Iago Aspas.
Goles: 0-1, min.18: Guidetti, de penalti; 0-2, min.47: Madinda; 0-3, min.70: Madinda.
Árbitro: Pérez Pallas. Amonestou a Brais, Jon Vega, Rafa Mella, Babichev, Fernando, Luis Rioja.
Campo: O Vao, cheo. Uns 2.000 espectadores.