Primeiro Equipo

O Celta supera as adversidades e suma un empate curto para os seus méritos

RC Celta

costas-celsev-1415.jpg

O Sevilla, veloz á contra, adiantouse e Santi Mina empatou o encontro na segunda parte (1-1)

 

Partido disputado, intenso e con ritmo que finalizou cun empate moi curto para os méritos dun Celta, infestado de baixas, ambicioso e dominador que xerou numerosas chegadas con perigo. Santi Mina anotou desde o once metros para igualar un encontro no que o Sevilla, moi forte atrás aproveitou unha das súas contras para adiantarse no marcador.

 

O partido comezou con dominio e posesión do Celta e gol do Sevilla. A primeira vez que o conxunto visitante cruzou o medio do campo, aos 7 minutos, trenzó unha xogada magnífica e de adiantou con tanto de Gameiro.

 

Os celestes mantiveron a súa aposta, o seu estilo ante un Sevilla replegado que esperaba a súa oportunidade para saír en velocidade e o certo é que en cada chegada, moi illadas, xeraba perigo.

 

Aos 18 minutos puido chegar o empate cun gran centro de Santi Mina que Charles, en boa posición, cabeceou excesivamente cruzado. O control do xogo seguía pertencendo ao conxunto vigués, pero sempre coa ameaza da contra do Sevilla.

 

Os celestes dispuxeron dalgunha boas chegada na seguinte fase do partido, na que mantivo o seu dominio claro sobre un rival metido atrás e armado para saír con velocidade. O pau evitou o segundo tanto do rival noutra das súas escasas chegadas.

 

Tras o descanso, idéntico panorama, dominio absoluto do Celta e defensa férrea e contragolpes do Sevilla. Aos 11 minutos, claro penalti de Arribas a Charles e gol desde o once metros de Santi Mina. O empate facía xustiza á ambición e proposta dos locais, que buscaron a vitoria desde o inicio do choque.

 

Pablo Hernández e Santi Mina probaron sen fortuna desde fóra da área con senllos lanzamentos moi axustados. Sergio Rico sacou despois de maneira prodixiosa un gran remate de Orellana. O Celta merecía máis. E seguiu buscando con fe e empeño o triunfo.

 

FICHA TÉCNICA

R.C. Celta: Sergio, Sergi Gómez, Costas, Fontás, Jonny, Augusto, Kronh-Dehli, Santi Mina, Pablo Hernández (Madinda, min.83),  Orellana e Charles (Bongonda, min.74).

 

Sevilla F.C.: Sergio Rico, Diogo (Aleix Vidal, min.67), Arribas, Coke, Kolo, Navarro, Krichowiak, Iborra, Denis Suárez (Vitolo, min.73), Iago Aspas (Bacca, min.60) e Gameiro.

 

Goles: 0-1, min.7: Gameiro; 1-1, min.57: Santi Mina, de penalti.

 

Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Amonestou a Augusto, Santi Mina, Coke, Iago Aspas, Sergio Rico, Krychowiak.

 

Campo: Balaídos, 18.957 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas