Primeiro Equipo

O Celta supera ao Sporting e retoma o camiño

RC Celta

augusto-celtarsg

O Celta superou a un correúdo Sporting nun partido espeso e con poucas ocasións de gol. Orellana aproveito a celeste no tramo inicial do encontro, Castro empatou na segunda metade tras un desgraciado erro nun saque de porta e Nolito puxo o tato da vitoria cun rebote afortunado.

 

O Celta xa dominaba o partido con absoluta autoridade cando, aos 14 minutos, Nolito rompeu cara a dentro e enviou á banda para que Bongonda cedésella a Orellana, quen anotou a pracer. Non chegara con claridade até entón, pero capitalizaba a posesión con criterio e paciencia parta tratar de desordenar a un Sporting que se afanaba en tapar ocos e destruír espazos.

 

A lóxica reacción visitante puxo en aprietos aos celestes na seguinte fase do choque, con máis imprecisión e dificultade para saír desde atrás. No tramo final, os célticos retomaron o seu fútbol e gozaron de boas chegadas ante un rival de novo superado.

 

Tras o descanso, o cadro asturiano volveu a maniatar aos célticos nun arranque complicado para un Celta ao que lle custaba saír con claridade. Ao final, o cadro visitante empatou nunha desgraza, un erro tremendo na saída de balón que permitiu a Castro empuxar o coiro á rede. Golpe para os célticos, que non estaban cómodos, non xogaban con fluidez, pero tampouco recibían apenas ocasións.

 

O fútbol devolveuno ao final, cun despexe do porteiro que rebotó en Nolito e acabou na rede. Faltaban sete minutos para o final. O traveseiro repeleu un gran remate de Nolito, pero non houbo tempo para máis e o Celta volveu á senda do triunfo.

 

FICHA TÉCNICA

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas, Augusto, Pablo Hernández, Bongonda (Wass, min,.64), Orellana (Señé, min.90), Nolito e Guidetti (Iago Aspas, min.76)

 

1-R Sporting: Cuéllar, Luís Méndez, Bernardo, Nacho Cases, Lora, Mascarell, López, Sanabria (Castro, min.64), Jony (Juan Muñiez, min. 78), Halilovic e Dani Ndi (Pérez, min.69)

 

Goles: 1-0, min.14: Orellana: 1-1, min.65: Castro; 2-1, min.83: Nolito

 

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amoestou a Sergi Gómez, Cabral

 

Campo: Balaídos, 18.039 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas