Primeiro Equipo

O Celta supera ao SC Braga e adxudícase o XXI Memorial Quinocho

RC Celta

ROSSIquinocho2016.JPG

 

O RC Celta adxudicouse o XXI Memorial Quinocho ao superar ao SC Braga con tantos de Naranjo e Rossi. Os celestes despregaron unha vez máis un xogo sólido e veloz arriba para imporse a e rival e gañar un torneo sempre especial para o celtismo.

 

O Celta golpeou con rapidez. Ao seis minutos, Naranjo bateu con solvencia á meta rival desde a frontal cun lanzamento axustado. Pouco despois, aos 18 minutos, bo centro de Planas e remate certeiro de Rossi á rede. Boa posta en acción dun Celta acertado e concentrado. A mala noticia desta boa primeira metade dos célticos foi a lesión de Lemos, que foi substituído xa tras o descanso por Fontás.

 

Tras a continuación, mellorou notablemente o SC Braga e obrigou aos celestes a dobrar a concentración e a atención. Goiano acurtou diferenzas cun gran lanzamento desde fóra da área. Os célticos controlaron ben o choque no tramo final e acabaron levándose o trofeo.

 

FICHA TÉCNICA

2-RC Celta: Sergio (Iván Villar, min.63), Lemos (Fontás, min.46), Costas, Sergi Gómez (Cabral, min.54), Planas, Hugo Mallo, Pape (Brais, min.60), Naranjo, Señé (Borja Iglesias, min.67), Bongonda (Sisto, min,67) e Rossi (Iago Aspas, min.67).

 

1-SC Braga: Matheus, Wilson, Martínez, Djavan, Stojiljkovic, Aguiar, Ricardo Ferreira, Tiba, Benítez, Arthur Jorge e Marcelino Goiano. Tamén xogaron Baiano, Rui Fonte, Coutinho, Santos, Alan, Wilson, Mautro, Keka e Lucas.

 

Goles: 1-0, min.6: Naranjo; 2-0, min.18: Rossi; 2-1, min.73: Goaiano.

 

Árbitro: Pérez Palla, do comité galego. Amonestou a Pape, Costas, Xeka.

 

Campo: Balaídos (3.400 espectadores).

 

Observacións: Álvaro Lemos retirouse no primeiro tempo por un golpe na cresta ilíaca. Cristina Fernández, filla de ‘Quinocho’, entregou o trofeo de vencedor ao RC Celta e Ángel Fernández, irmán do ex xogador e xerente celeste, o de subcampión ao SC Braga.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas