Primeiro Equipo

O Celta suma un punto nun desputado partido ante Osasuna

RC Celta

celosa_1314.jpg

Osasuna arrincou mellor e adiantouse, pero os celstes repuxéronse e Augusto logrou o empate

 

O Celta foi de menos a máis e acabou sumando un punto ante un Osasuna que se adiantou no marcador. Empate, con tanto de Augusto, con moito traballo que permite aos celestes encarar o patón de Nadal fóra dos postos de descenso.

 

Arranque eléctrico dun partido de gran importancia para ambos. Chegadas en ambas as portarías, as do Celta con combinacións, as de Osasuna a balón parado. A primeira clara, para os locais, chegou tamén nunha xogada de estratexia. Orellana sacou unha falta desde a frontal que saíu moi preto do pau dereito da meta osasunista.

 

Na seguinte chegada visitante, Fontás evitou o tanto sobre a liña ao anticiparse a Oriol Riera. Pero Osasuna non fallou á seguinte. Armenteros rompeu polo centro e plantouse ante Yoel para baterlle con calidade. Puido ser peor porque minutos despois, o pau repeleu un remate visitante.

 

Momentos duros para os locais, que trataron de reporse a través do toque, difícil ante un rival aguerrido e de gran poderío físico. Aos poucos, os vigueses foron apoderándose do coiro, pero sen xerar ocasións claras.

 

Andrés detivo con apuros un bo remate de Krohn-Dehli aos 31 minutos tras unha boa combinación ofensiva. O Celta empuxaba con firmeza en busca do empate. E logrouno aos 33 minutos cun cabezazo de Augusto, que prolongou un bo envío de Rafinha.

 

Os vigueses repuxéronse con fe ao pau inicial e ante do gol encerraran a Osasuna no seu campo, presión que mantiveron até o descanso, aínda que sen premio.

 

Tras a continuación, o Celta mantivo o seu dominio, con achegamentos perigosos nos primeiros instantes. Mantivo a presión sobre o rival, ao que volveu encerrar no seu campo e tentouno sen desmaio, pero con dificultades para exceder a última liña osasunista.

 

Andrés despexou un bo remate de Nolito aos 25 minutos. E luciuse cunha gran parada a un bo cabezazo de Santi Mina pouco despois.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-R.C.Celta: Yoel, Jonny, David Costas, Fontás, Aurtenetxe, Oubiña, Augusto (Mario Bermejo, min.83), Krohn-Dehli (Álex López, min.71), Rafinha, Orellana (Nolito, min.63) e Santi Mina

 

1-Osasuna: Andrés Fernández, Marc Beltrán, Loties, Flaño, Lolo, Damiá, Patxi Puñal, R.Torres (Oier, mibn.73), Armenteros (Onwu, min.78), Cejudo e Oriol Riera

 

Goles: 0-1, min.16: Armenteros; 1-1, min.33: Augusto

 

Árbitro: Delgado Ferreiro, do comité vasco. Amonestou a Damiá, Flaño, Cejudo

 

Campo: Balaídos, 18.570 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do ex xogador celeste Blas Artime, recentemente falecido

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas