Primeiro Equipo

O Celta suma un punto nun choque intenso

RC Celta

park_mallorca.jpg

Hemed adiantou ao Mallorca na primeira parte e Ju Young Park empatou na segunda

 

O Celta sumou un punto ante o Mallorca nun partido igualado e intenso, con ocasións para ambos, aínda que máis para un conxunto celeste que buscou con empeño a vitoria. Hemed adiantou ao cadro visitante adiantouse na primeira metade e Park empatou na segunda.

 

Arrincou ben o Mallorca, cun par de saques de esquina e chegadas con certo perigo O Celta refíxose enseguida, con boas combi nacións e unha gran oportunidade ao oito minutos. Boa xogada de Iago Aspas e remate final desde a frontal que desviou Aouate pegado ao pau. Pouco despois, gran parede entre Iago Aspas e Hugo Mallo, cuxo remate, en boa posición, saíu alto.

 

Os celestes gozaban de maior posesión ante un rival metido atrás que buscaba a contra con decisión. O Celta aplicou paciencia en busca de xerar superioridade arriba, difícil tarefa ante un adversario ordenado e voluntarioso.

 

O Mallorca adiantouse nunha xogada estraña, con moitos rexeites, todos para os visitantes. Finalmente Hemed enganchouna na área pequena e enviou á rede. Ían 22 minutos de xogo.

 

Os de Caparrós deron un paso atrás e dedicaron o seu esforzo a defender a súa vantaxe, cos vigueses empuxando con forza en busca do empate. Iago Aspas atopou a Augusto aos 32 minutos, pero o arxentino, diante de Aouate, non acertou a controlar o coiro.

 

O dominio celeste era absoluto, pero sen reflexo nun resultado adverso que daba ás ao Mallorca, metido atrás e achicando balóns sen desmaio.

 

Aos 37 minutos Iago Aspas desbordou con mestría, de maneira xenial, a dous rivais e entregoulla atrás a Augusto, cuxo remate, só, saíu elevado. Gran ocasión para un Celta que buscaba con afán o empate no tramo final da primeira metade. Non puido ser, tocaba tentar a remontada na segunda metade.

 

Tras a continuación, o Celta dispuxo dun par de boas ocasións no arranque, sen fortuna. Aos 10 minutos, chegou a xustiza. Gran centro de Iago Aspas desde a liña de fondo e Park empuxou o coiro á rede.

 

Aos 15 minutos, Javi Varas apareceu para sacar unha man milagrosa. Cabezazo de socato á saída dun córner e parada tremenda. O lapote da meta celeste levou o coiro ao traveseiro.

 

O Celta retomou o mando, acosou ao Mallorca, o enceró na súa área e puxo un gran esforzo en selar a remontada. Aspas rematou alto desde a frontal aos 24 minutos nunha das moitas chegadas do cadro local na segunda metade.

 

O partido foise abrindo co paso dos minutos, co Mallorca contragolpeando e os celestes buscando a vitoria de maneira aberta. Mario Bermejo cabeceou alto aos 39 minutos na área pequena.

 

FICHA TÉCNICA

1-R.C.Celta: Javi Varas, Hugo Mallo, Jonathan Vila, Túñez, Bellvís, Oubiña, Álex López, Augusto (De Lucas, min.63), Park, Krohn-Dehli (Joan Tomás, min.84) e Iago Aspas (Mario Bermejo, min.72)

 

1-R.C.D. Mallorca: Aouate, Ximo Navarro, Geromel, A.Conceiçao, Bigas, Pina, Fontás (Martí, min.72), Nsue, Víctor, Pereira (Arizmendi, min.72) e Hemed (Kevin, min.85)

 

Goles: 0-1, min.22: Hemed; 1-1, min.55: Park

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amoestou a Iago Aspas, Bigas, Fontás, Geromel.

 

Campo: Balaídos, 17.814 espectadores. Antes do comezo do partido, Iago Aspas e Álex López ofreceron a canteira e afección os seus trofeos da LFP como mellores dianteiro e medio centro da pasada campaña.

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas