Primeiro Equipo

O Celta segue crecendo: Gaña a Osasuna e bate un novo récord histórico

RC Celta

osasuna_celta_web_3514.jpg

Nunca lograra 8 vitorias en Primeira como visitante. Nolito anotou os dous goles e debutó Goldar

 

Nova vitoria celeste, cunha boa imaxe ante un intenso Osasuna, para remontar posicións na táboa e marcar un novo fito: Por primeira vez nos séus 90 anos de historia, o Celta suma oito triunfos como visitante en Primeira División. Debutou o canteirán Goldar e Nolito foi o autor dos dous tantos celestes para sumar xa 14.

 

O Celta arrincou no Sadar envorcado en ataque, con tres boas chegadas nos primeiros instantes e asustando a un rival que xerou as súas primeiras aproximaciones a balón parado, pero sen crear perigo.

Andrés, aos 17 minutos, atrapou con apuros unha vaselina de Kronh-Dheli, quen colleu un rexeite e intentouno con calidade. O partido non tiña pausa, con rápidas chegadas en ambas áreas, pero sempre con maior contundencia as celestes.

 

Aos 20 minutos, Nolito recibiu de Orellana e picou con maestría para supera a Andrés. Golazo dun Celta que asustaba cada vez que chegaba a zona de perigo. Fíxoo Osasuna aos 23 minutos cun saque de esquina directo que Jonny sacou sobre a liña de gol.

Os locais, empuxados pola súa afección, deron un paso adiante. Sergio, cunha dobre intervención espectacular, evitou o empate no minuto 32, e un despois, centro de Orellana e remate de primeiras á rede de Nolito. Os vigueses taparon ben as acometidas locais e aproveitaron as súas ocasións arriba para chegar con clara vantaxe ao descanso.

 

Trala reanudación, Osasuna volveu apertar arriba cunha forte presión e balóns longos ben controlados pola zaga celeste. O Celta buscaba o seu habitual fútbol combinativo, eléctrico cando é cerca do área rival. Aos 13 minutos, Sergio volveu aparecer para desviar un remate de Oriol Riera tras un novo pase longo do cadro local.

 

Pouco despois, Krohn-Dehli a punto estivo de marcar cunha gran volea que saíu moi preto do pau. Aos 20 minutos, Sergio volveu realizar unha gran parada a remate de Oriol Rera. Moitas ocasións nunha segunda metade de gran ritmo.

 

A falta dun cuarto de hora, debut dun novo canteirán: O central, de 19 anos, David Goldar substituíu a Fontás. O Celta segue subindo posicións na táboa. 

 

0-Osasuna: Andrés, Marc, Flaño, Arribas, Damiá, Roberto Torres (Cejudo, min.73), Silva, Puñal, Armenteros (Lobato, min.68), De Las Cuevas (Acuña, min.46) e Oriol Riera

 

2-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Íñigo López, Fontás (Goldar, min.75), Aurtenetxe, Oubiña, Krohn-Dehli, Augusto (Madinda, min.71), Nolito, Orellana e Bermejo (Santi Mina, min.68)

 

Goles: 0-1, min.20: Nolito; 0-2, min.33: Nolito

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Jonny

Campo: El Sadar, 18.300 espectadores 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas