Primeiro Equipo

O Celta roza unha heroica remontada en San Mamés (0-2)

RC Celta

athcel-copa-1415.jpg

Os vigueses quedáronse a só un gol de pasar a eliminatoria de Copa (4-4)

 

O Celta rozou o milagre en San Mamés, onde quedou a un só gol de darlle a volta a unha eliminatoria moi complicada tras o resultado de ida. Orellana marcou ao comezo da segunda metade e pouco despois chegou o segundo tanto celeste, pero o tecero, necesario, non apareceu. Debutaron o mozo canteirán Samu, quen ocupou de inicio o costado esquerdo da zaga, e Theo Bongonda, na posición de extremo zurdo.

 

O Athletic arrincou empuxando con decisión, coa intención de resolver de maneira definitiva a eliminatoria de forma inmediata. Os primeiros minutos foron de acoso local, cun par de saques de esquina e varias chegadas sen consecuencias. O Celta aguantou ben o ballón inicial e comezou enseguida a asentarse, a alargar as súas posesións e a tratar de dominar o xogo ante un rival moi agresivo e cunha presión eficaz e ambiciosa.

 

Aos 11 minutos chegou o primeiro remate celeste. Santi Mina foise por velocidade pola banda dereita e lanzou con pouco ángulo, pero co balón ben direccionado. Herrerín detivo o remate do canteirán.

 

O partido igualouse, con lixeiro dominio celeste, e pasaron moitos minutos sen apenas ocasións e con ambos os equipos tratando de aproveitar algún erro do rival.

 

Aos 32 minutos, penalti claro a favor do Celta non sinalado. Foi tras unha gran xogada en ataque culminada cun remate a porta de Santi Mina desviado pola man por De Marcos. O Celta dominaba con autoridade nesa fase do choque, aínda que con dificultades para xerar ocasións claras.

 

Herrerín desviou cunha gran parada aos 38 minutos un bo lanzamento de falta de Orellana desde a frontal. O Celta era netamente superior ao Athletic, que centraba todos os seus esforzos en defender ante o empuxe celeste. Ao bordo do descanso Sergi Gómez cabeceou fóra por moi pouco unha falta lateral executada por Álex López noutra boa ocasión para os vigueses.

 

Tras a continuación, gol do Celta. Xogada enorme, plena de potencia e habilidade, de Santi Mina e o seu centro foi despexado a porta por Etxeita. Pouco despois, Bongonda substituíu a Álex López no segundo debut céltico no partido. O belga rematou alto coa dereita tras unha boa cesión de Charles no seu primeiro remate no choque.

 

Aos 14 minutos, penalti de Mikel Rico a Charles. Orellana lanzou e anotou o segundo para os celestes. O Celta estaba a un tanto de remontar a eliminatoria. O Athletic, asustado, moveu o banco e trato de dar un paso adiante para zafarse do dominio céltico. Logrouno na seguinte fase, na que afastou á vigueses da área de Herrerín.

 

No tramo final o Celta se rehízo e volveu buscar con empeño o gol que lle dese a clasificación ante un Athletic que defendía con firmeza e buscaba a Aduriz para desafogarse. Finalmente, os celestes quedaron a un gol da remontada.

 

FICHA TÉCNICA

0-Athletic Club: Herrerín, De Marcos, Balenziaga, Etxeita, Gurpegui, Iturraspe, Rico, Beñat (Iraola, min.61), Muniain, Williams (Aduriz, min.61) e Ibai (Susaeta, min.67)

 

2-R.C.Celta: Rubén, Sergi Gómez, Cabral, Fontàs, Samu, Radoja, Augusto (Borja Fernández, min.46), Álex López (Theo Bongonda, min.51), Orellana (Pablo Hernández, min.67), Santi Mina e Charles

 

Goles: 0-1, min.48: Etxeitia en propia puerta; 0-2, min.59: Orellana, de penalti

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Samu, Pablo Hernández, Charles, Beñat, Mikel Rico, Gurpegui

 

Campo: San Mamés 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas