Primeiro Equipo

O Celta rompe o seu maleficio e suma unha importante vitoria en Xetafe

RC Celta

nolito-getafe-270216.jpg

 

O Celta rompeu o maleficio de Getafe cunha importante vitoria que lle asenta na zona europea. Partido serio e práctico dos celestes, que anotaron na segunda metade cun cabezazo de Nolito á saída dun saque de esquina.

 

O Xetafe arrincou con decisión e empuxe nos primeiros minutos e puxo en aprietos aos celestes, que tardaron en entrar no partido. Cando o fixeron comezaron a chegar con perigo, combinando ben e xerando ocasións, en especial pola banda esquerda.

 

Aos 16 minutos, man clara na área do Getafe non sinalada. O Celta xa dominaba o choque e xeraba un importante caudal de accións ofensivas. Unha falta lanzada por Iago Aspas rozou a escuadra. Sergio desviou ben pouco despois un remate na área de Sarabia.

 

Pasada a media hora de xogo, o cadro local volvía tomar a iniciativa con moitos balóns á área celeste. No tramo final, máis igualado, Bongonda puido marcar tras un centro perfecto de Orellana, pero o seu remate, na área pequena, non foi preciso e saíu desviado. Gran ocasión xusto antes do descanso.

 

Tras a continuación, gran xogada de Iago Aspas e remate de Bongonda que Yoda saca sobre a mesma liña de gol. Ocasión inmellorable que non se traduciu en vantaxe celeste por auténtica mala sorte. O Celta apertaba, dominaba con gran autoridade e aos 7 minutos houbo man clarísima de Víctor Rodríguez na área do Xetafe que de novo non foi sinalada.

 

Os locais souberon reaccionar e zafarse do domino celeste e nos seguintes minutos volveron pór en aprietos aos célticos. Aos 24 minutos, Guaita, cunha gran parada, evitou un golazo de Orellana, quen enganchou un gran disparo desde a frontal.

 

No saque de esquina, Pablo Hernández prolonga e Nolito cabecea á rede. O Celta, por fin, adiantábase no marcador. A falta de cinco minutos, gran centro de Hugo Mallo e cabezazo de Orellana que saíu rozando o pau. Gran ocasión para sentenciar un partido que chegaba vivo aos minutos decisivos.

 

FICHA TÉCNICA

0-Getafe CF: Guaita, Velázquez, Cala, Lacen, Álvaro, Sarabia, Yoda, Víctor R (Moi Gómez, min.84), Damián (Buendía, min.48), J.Rodríguez (Stefan, min.73) e Wanderson

 

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Pablo Hernández, Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.84), Orellana, Bongonda (Wass, min.74) e Guidetti  (Nolito, min.57)

 

Goles: 0-1, min.70; Nolito

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Velázquez, Yoda, Buendía, Cabral, Iago Aspas, Hugo Mallo

 

Campo: Alfonso Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas