Primeiro Equipo

O Celta remonta e suma un punto tras un gran monólogo ofensivo (1-1)

RC Celta

beauvue070216

 

O Celta volveu encaixar ao final da primeira metade nun saque de esquina e, ante un rival en inferioridade e moi metido atrás, empuxou con decisión en busca da remontada. Beauvue empatou e os celestes tentárono con ganas, nun monólogo ofensivo que non tivo o premio merecido.

 

Gran respecto no arranque do partido, cun Sevilla de gran poderío físico e enorme estatura e un Celta que se apoiaba na combinación para xerar perigo. Wass a punto estivo de marcar aos 18 minutos tras unha parede con Iago Aspas e un caño ao rival, pero o seu remate saíu lixeiramente desviado.

 

Aos 24 minutos, Fazio, debutante, viu a segunda amarela por unha dura entrada a Pablo Hernández. O Celta xogaba en superioridade. O Sevilla deu un paso atrás, pero con moita orde e defendendo con solvencia e aos celestes custáballes atopar espazos.

 

A falta de dous minutos para o descanso, o Sevilla acertou nun córner. Carriço recolleu un rexeite para marcar. E no último minuto, derriba a Bongonda na área que o colexiado non sinalou.

 

Na segunda metade, o Celta saíu decidido a empatar canto antes. Varias chegadas nos primeiros minutos e un gran empuxe. A mellor, aos 7 minutos, un rexeite que Beauvue rematou excesivamente alto.

 

Berizzo moveu o equipo buscando máis poder ofensivo, Jonny e Radoja deixaron o seu sitio a Guidetti e Marcelo Díaz. Deu resultado. Aos 19 minutos, gran pase aberto de Marcelo Díaz a Wass, centro e remate a gol de Beauvue. Empate máis que merecido.

 

O acoso foi tremendo. As ocasións fóronse sucedendo, algunhas moi claras. O Celta empuxou con todo ata o final.

   

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Sergio, Jonny (Marcelo Díaz, min.61), Cabral, Sergi Gómez, Planas, Radoja (Guidetti, min.61), Wass, Pablo Hernández, Beauvue, Bongonda e Iago Aspas

 

1-Sevilla FC: Sergio Rico, Carriço, Ramí, Fazio, Ferreira, Escudero, N´Zonzi, Krohn-Dheli, Reyes (Banega, min.63), Konoplyanka (Vitolo, min.57) e Llorente (Gameiro, min.68)

 

Goles: 0-1, min.43: Carriço; 1-1, min.64: Beauvue

 

Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Expulsou con dobre amarela a Fazio (min.24) e amonestou a Sergi Gómez, Iago Aspas, Bongonda, Konoplyanka, Escudero, Sergio Rico

 

Campo: Balaídos, 16.420 espectadores  

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas