Dous goles locais ao bordo do descanso puxeron o partido moi costa arriba para os vigueses (4-1)
O Madrigal viviu un primeiro tempo igualado no que non houbo ocasións claras ata que o Villarreal anotou dous tantos ao bordo do descanso. Os amarelos mostráronse máis incisivos en ataque que o Celta, aínda que os vigueses mantiveron a súa compostura, ofrecendo unha boa formulación táctica e mellorando có paso dos minutos.
A parroquia local reclamou ao árbitro varias caídas de Campbell nas que o colexiado non apreciou nada, pero polo demais o partido non gozou de oportunidades manifestas para marcar. A situación cambiou no minuto 40, cando o Villarreal recuperou un balón no medio campo e Giovani arrincou con enorme potencia ata plantarse na área céltica e definir con calidade para pór o 1-0 no marcador. A mala fortuna cebouse cos célticos, que viron como os locais sumaban un novo tanto ao fío do tempo morto, obra de Musacchio a saque de esquina. O descanso chegou con 2-0 no electrónico, un resultado demasiado avultado a favor do Vilarreal para o visto sobre o terreo de xogo.
Berizzo decidiu reformular a súa táctica para a segunda parte. O técnico argentinó retirou a un defensa, Sergi Gómez, e deu entrada a un centrocampista, Álex López. Os galegos gañaron frescura de ideas no mediocampo e comezaron a dar mostras do seu bo fútbol. No minuto 50 chegou o premio. Falta que bota Nolito e remate de cabeza de Augusto Fernández, que meteu de cheo no partido ao Celta. O tanto deu ás aos célticos, que tomaron as rendas do encontro, recuperaron a posesión do esférico e rozaron o empate.
As esperanzas do Celta empezaron a desvanecerse no minuto 77, cando Vietto aumentou a vantaxe dos amarelos coando o balón por baixo das pernas de Sergio. Cinco minutos despois Charles plantouse só ante Asenjo, pero un toque demasiado longo deu vantaxe ao porteiro local para facerse coa pelota. No minuto 83 chegou o mazazo definitivo. Gerard marcou o 4-1 que afastaba definitivamente dos puntos aos vigueses.
FICHA TÉCNICA
4-VILLARREAL CF: Asenjo, Pina, Mussachio, Giovani (Vietto, min.46), Campbell (Mario, min.71), Dorado, Costa, Moi Gómez (Cheryshev, min.60), Rukavina, Gerard e Sergio Marcos
1-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo (Bongonda, min.70), Sergi Gómez (Álex López, min.46), Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Augusto, Orellana, Nolito e Charles (Larrivey, min.81)
Goles: Giovani, 1-0 (min.40); Musachio, 2-0 (min.45); Augusto, 2-1 (min.50); Vietto, 3-1 (min.73); Gerard, 4-1 (min.83)
Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Amonestou a Nolito, Fontàs
Campo: El Madrigal