Primeiro Equipo

O Celta realizará unha xira de partidos por Alemaña e Austria

RC Celta

gira-alemania-austria.jpg

Do 16 ao 26 de xullo. Galatasaray, FC Nürnberg e Greuther Fürth son os rivais confirmados

 

A pretempada do primeiro equipo está a piques de comezar. Tras gozar de varias semanas de descanso, o persoal retomará o traballo o luns 6 de xullo ás 10:00h na Madroa, onde se exercitarán ata o xoves 16, día no que o equipo se desprazará a Alemaña para iniciar unha xira na que disputarán catro partidos amigables, un deles en Austria.

 

O equipo comezará a súa xira concentrándose no Hotel NH Forsthaus, na cidade de Fürth. Este complexo hostaleiro, que xa acolleu a outros equipos como o Ajax durante a súa pretempada, conta con modernas instalacións, ximnasio, spa e unha cidade deportiva con 2 campos de herba natural. O primeiro rival da xira será o club local, o Greuther Fürth, equipo da Bundesliga 2 ante o que os célticos se medirán o 17 de xullo ás 19:00h no Trolli-Arena.

 

O día 19 os vigueses desprazaranse a Weisman, cidade localizada a 1 hora do hotel de concentración, para xogar o seu segundo compromiso. O Waldstadion acollerá ás 17:00h o encontro ante o FC Nürnberg, un habitual da Bundesliga con varios títulos ligueiros nas súas vitrinas e que actualmente milita na división de prata.

 

O Celta cruzará a fronteira sur de Alemaña o 20 de xullo para concentrarse na localidade austriaca de Villach, onde os célticos aloxaranse no Falkensteiner Hotel & Spa Bleibergerhof que conta cunhas instalacións deportivas adxacentes de primeira calidade. Os galegos disputarán en Austria uno dos partidos máis atractivos da pretemporada. O 22 de xullo ás 20:30h o Celta enfrontarase ao Galatasaray no Stadion Villach-Lind. O conxunto turco é un dos clásicos do fútbol europeo, vixente campión da liga otomá e, unha tempada máis, clasificado para disputar a Champions League. Nas súas filas conta con futbolistas de renome, como os internacionais Wesley Sneijder, Felipe Melo ou Fernando Muslera.

 

A concentración celeste trasladarase o 24 de xullo de novo a Alemaña para disputar un último amigable o sábado 25 ante un rival xermano pendente de confirmar. Ao día seguinte os celestes despegarán desde o aeroporto de Frankfurt para iniciar a viaxe de regreso a Vigo.

 

Partidos en Alemania e Austria

Venres 17 de xullo: Greuther Fürth v. RC Celta (19:30h, Trolli-Arena, Fürth, Alemaña)

Domingo 19 de xullo: FC Nürnberg v. RC Celta (17:00h, Waldstadion, Weismain, Alemaña)

Mércores 22 de xullo: Galatasaray v. RC Celta (20:30h, Stadion Villach-Lind, Villach, Austria)

Sábado 25 de xullo: PENDENTE DE CONFIRMACIÓN

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas