O encontro disputarase ás 19.45 (hora local) en Carrow Road
O Real Club Celta xa pechou outro dos partidos de preparación que disputará esta pretempada en Inglaterra. Os celestes mediranse o venres 1 de agosto ao Norwich City ás 19.45 (hora local) en Carrow Road, un estadio con capacidade para 27.000 espectadores.
Entre os logros do Norwich, que a pasada tempada competiu na máxima categoría do fútbol inglés, destaca un terceiro posto na Premier na campaña 1992/93 e a consecución en dúas ocasións da Copa da Liga. Este histórico conxunto disputou tamén a Copa da UEFA e ata a data é o único equipo británico que derrotou ao Bayern de Múnich no antigo Estadio Olímpico de Múnich
Un día despois, o dous de agosto, os celestes mediranse ao Wolverhampton Wanderers ás 15.00 (hora local) no Estadio Molineux.