Primeiro Equipo

O Celta non pode pechar o ano cunha vitoria

RC Celta

cel_alme.jpg

O equipo vigués segue gafado. Encaixou un gol desafortunado, errou un penalti e topouse có longueiro

 

Un remate ao traveseiro, un penalti fallado, ocasións e chegadas… O Celta segue gafado. Caeu ante o Almería por un tanto desafortunado na primeira metade que xa non foi capaz de contrarrestar ante un rival moi metido atrás.

 

Bo arranque celeste con criterio, dominio e velocidade. A primeira ocasión, clara, foi aos 8 minutos tras unha boa acción entre Santi Mina e Charles que rematou alto Orellana en boa posición. Como tantas outras veces, o rival acertou na primeira que tivo, e cun enorme infortunio para os vigueses. Contragolpe, centro desde a dereita e rebote en Fontás para que Hemed acabe empuxando o coiro á rede. Ían 16 minutos de xogo e tocaba de novo remontar.

 

O Celta puido empatar un par de minutos despois cun cabezazo de Cabral que Custa sacou da escuadra. O Almería, coa vantaxe lograda, deu un paso atrás e centrou os seus esforzos en defender e en retardar cada xogada a balón parado.

 

Os celestes empuxaron con decisión en busca dun empate que se resistía. Até o descanso, chegadas sen premio.

 

Tras a continuación, o Celta retomou o dominio e tentou xerar ocasións, pero topouse cun Almería que defendía con todos no seu campo e non deixaba apenas espazos.

 

As ocasións chegaron, pero a fortuna non. Aos 15 minutos, Orellana estrelou unha falta no traveseiro e un remate cruzado de Krohn-Dehli non atopou un pé amigo para empuxala.

 

Aos 26 minutos, derriba a Orellana na área e penalti. Costa detivo o lanzamento de Nolito. O Celta seguía absolutamente gafado.

 

FICHA TÉCNICA

0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja (Álex López, min.53), Augusto, Krohn-Dehli, Orellana, Santi Mina (Nolito, min.66) e Charles (Larrivey, min.81)

 

1-U.D. Almería: Cuesta, Ximo, Fran Vélez, Trujillo, Dubarbier, Verza, Corona, Thomas, Edgar (Mauro, min.84), Zongo (Thievy, min.75) e Hemed

 

Goles: 0-1, min.16: Hemed

 

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Augusto, Charles, Santi Mina, Fontás, Orellana, Nolito, Ximo Navarro, Hemed, Cuesta

 

Campo: Balaídos, 14.523 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas