O Real Club Celta disputará a partir do 15 de setembro a fase de grupos da Europa League. Por novena vez na súa historia e tras dez anos de ausencia, o equipo vigués volve a unha competición europea tras unha tempada extraordinaria, na que alcanzou as semifinais da Copa do Rei e acabou na sexta posición da táboa clasificatoria.
Os celestes xa teñen data para o regreso ao traballo. Comezarán a pretemporada nas instalacións deportivas da Madroa o día catro de xullo para así acumular un bo número de semanas de preparación antes do comezo da competición liguera.