Primeiro Equipo

O Celta medirase en Alemania ao histórico Eintracht de Frankfurt

RC Celta

eintrachtcrest

 

Ante a imposibilidade de disputar o Memorial Quinocho a mediados do próximo mes por mor das obras que se realizan no Estadio de Balaídos, que obriga a aprazar este tradicional trofeo, o Real Club Celta pechou un interesante partido de preparación ante un histórico do fútbol alemán.  Os celestes mediranse ao Eintracht de Frankfurt o día 14 de agosto no Commerzbank-Area (Frankfurt) con motivo da Frankfurt Main Finance Cup 2016.

 

O Eintracht de Frankfurt, que disputa a Bundesliga, é un dos clubs históricos de Alemania, onde conquistou unha Liga e catro Copas. Foi ademais campión da Copa da UEFA e subcampeón da Copa de Europa.

 

O encontro ante o Eintracht dispútase o domingo 14 de agosto ás 15.00 horas. 

 

eintrachtstadium

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas