Primeiro Equipo

O Celta incorpora forza, traballo e gol co ariete Joaquín Larrivey

RC Celta

larrivey_16614.jpg

Pendente do recoñecemento médico, o xogador chegaría por tres tempadas con outra opcional

 

O Celta pechou, a falta do recoñecemento médico para formalizar a operación, a súa primeira fichaxe para a próxima tempada: Joaquín Larrivey, quen, unha vez feito o trámite pendente, será celeste as tres próximas campañas con outra opcional. O ariete anotou doce tantos a pasada campaña en Primeira División nas filas do Rayo Vallecano, onde foi peza crave na salvación do equipo, e chega libre ao club celeste.

 

O novo dianteiro céltico posúe unha ampla experiencia en diversas Ligas e clubs como Huracán, Colón de Santa Fe e Vélez Sársfield en Arxentina, Atlante en México ou Calgliari en Italia, ademais do seu exitoso paso recente pola Liga BBVA e a ducia de tantos anotados en 30 encontros.

 

Larrivey (Gualeguay, 20 de agosto de 1984) converterase unha vez pase o recoñecemento médico no primeiro reforzo do equipo que dirixirá Eduardo Berizzo, que comezará a pretemporada o día 3 de xullo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas