Primeiro Equipo

O Celta empata nun partido embarullado e polémico

RC Celta

radoja-gra-cel-1415.jpg

Os celestes encaixaron no minuto 3 e xogaron en superioridade a 2ª parte. Bongonda empatou ao final

 

Partido embarullado, con interminables perdas de tempo e xogadas polémicas en contra dun Celta que encaixou no minuto 3 nunha acción na que os defensores reclamaron que o coiro saíra polo lateral e quedaron parados. O Granada quedou cun menos ao bordo do descanso, pero os celestes non foron capaces de superar as insufribles interrupcións nin aproveitar as súas oportunidades até o desconto, no que Bongonda anotou o tanto do empate.

 

Polémico inicio nos Cármenes. Balón que en princpio pareceu saír por banda, os célticos páranse, centro desde a esquerda, rexeites e gol de Robert. Ían só 3 minutos de xogo e o Celta estaba xa en desvantaxe.

 

Pouco despois, Murillo arroiou e golpeou a Pablo Hernández na cara cunha entrada temeraria na frontal da área granadina. Non se sinalou nin falta e o celeste tivo que saír, sangrando, do terreo de xogo para ser atendido na banda.

 

Aos 10 minutos, Santi Mina lanzou alto ante Roberto tras un bo pase de Augusto e un erro de Insúa. O Celta fíxose co dominio absoluto do partido ante un rival que non xeraba perigo, pero ía por diante no marcador.

 

Aos 25 minutos, Augusto tivo que abandonar o campo por unhas molestas e fe substituído por Álex López. Un fóra de xogo inexistente con remate final de Charles desviado, unha lei da vantaxe clamorosa, con Santi Mina fronte a Roberto, non concedida… o Celta non lograba, a pesar do seu dominio, empatar o choque. Aos 40 minutos, Murillo derrubou de forma clara a Pablo Hernández e viu a súa segunda amarela. Ao descanso, acoso celeste sen éxito e unha última xogada de novo polémica cun empuxón de Nyom a Pablo Hernández na interior da área, sobre a liña de fondo.

 

Tras a continuación, enseguida chegadas do Celta ante un rival encerrado. Varios remates con perigo nos primeiros minutos, pero sen acerto. O Granada logrou nos seguintes minutos desactivar ao Celta con perdas de tempo e prolongando as súas accións a balón parado.

 

O xogo e embarulló e o equipo vigués era incapaz de impor o seu xogo. O tempo voaba sen que os celestes puidesen xerar perigo. Si o houbo aos 27 minutos nunha boa xogada, pero sen fortuna no remate. Aos 31 minutos, penalti sobre Hugo Mallo non sinalado. O lateral foi agarrado na área e non puido centrar nunha boa posición.

 

O tramo final foi un acoso constante do Celta entre parón e parón polas perdas de tempo do Granad, cada vez máis longas e numerosas. No desconto, Bongonda cazou un balon na área pequena e anotou o máis que merecido empate.

 

FICHA TÉCNICA

1-Granada C.F.: Roberto; Nyom, Babin, Murillo, Insua; Iturra, Rubén Pérez; Robert Ibáñez (Candellas, min.76), Márquez, Piti (Mainz, min.44) e El Arabi (Córdoba, min.64)

 

1-R.C.Celta: Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonny; Radoja (Bongonda, min.67), Augusto (Álex López, min.25), Pablo Hernández (Larrivey, min.81) Santi Mina, Nolito e Charles

 

Goles: 1.0, min.3: Robert; 1-1, min.92: Bongonda

 

Árbitro: Álvarez Izquierdo, do comité catalán. Expulsó a Murillo con dobre amarela (min.42) e amonestou a Jonny, Cabral, Álex López, Radoja, Pablo Hernández, Roberto, Nyom, Córdoba, Iturra

 

Campo: Los Cármenes

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas