Ao Celta escapóuselle a eliminatoria na primeira metade con dous goles de Messi en dous minutos que desarmaron anímicamente aos celestes. Outros dous tantos locais, tamén nun par de minutos sentenciaron a rólda e meteron ao Barcelona nos cuartos de final da Copa do Rei.
Aos once minutos, boa xogada con centro de Hugo Mallo que Wass non puido rematar ns área pequena. Un minuto despois, Messi rematou á rede un centro desde a esquerda. O arxentino volveu a marcar dous minutos despois tras outro centro de Jordi Alba. Ao Celta escapábaselle a eliminatoria en dous minutos.
Casi na media hora de xogo, foi Messi o que habilitó a Jordi Alba para que o lateral anotase o terceiro. A sangría, cun Celta abatido, seguiu de inmediato. No minuto 30, Mal pase atrás que aproveitou Suárez para anotar.
Trala reanudación, máis igualdade e ocasións para ambos equipos, cun Celta renovado, con dous cambios, e máis decidido. O cadro local anotou nos instantes finais cun cabezazo de Rakitic. O Celta despediuse con tristeza da Copa do Rei.
FICHA TÉCNICA
5-FC Barcelona: Cillessen, Semedo, Piqué (Vermaelen, min.46), Mascherano, Alba, Rakitic, Busquets, Iniesta (Arnáiz, min.62), André Gomes, Messi (Dembelé, min.59) e Suárez.
0-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Jonny, Lobotka, Wass (Radoja, min.46), Jozabed, Emre Mor, Sisto (Brais, min.57) e Iago Aspas (Maxi Gómez, min.46).
Goles: 1-0, min.13: Messi; 2-0 min.15: Messi; 3-0, min.28: Jordi Alba; 4-0, min.30: Suárez; 5-0, min.87: Rakitic.
Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario.
Campo: Camp Nou.