Dobrete de Nolito e gol de Fontás no triunfo ante un Rayo que se quedou pronto con 10
Segundo partido, segunda vitoria da tempada. O Celta debutou en Balaídos cun claro triunfo ante un Rayo que quedou con dez xogadores moi pronto por un claro penalti do porteiro Toño a Wass. Nolito fixo dobrete e os celestes suman 6 puntos.
O Celta avisara con xogadas de vertixe, preciosas e veloces, pero sen finalización. E aos 9 minutos, Orellana leu o desmarque de Wass e atopou o espazo e a precisión para habilitalo., O danés foi derrubado por Toño na área: Penalti e cartón vermello para o porteiro visitante. Nolito transformou para adiantar ao Celta.
Despois, Juan Carlos detivo lanzamentos de Nolito e Iago Aspas. O Celta chegaba con facilidade ante un rival que mantiña a súa esencia e non renunciaba en absoluto a tocar e chegar.
Aos 41 minutos, Juan Carlos tapou bo un man a man de Iago Aspas tras unha boa asistencia de Nolito. Gran ocasión para aumentar a vantaxe e rendibilizar o dominio, abafador ata o descanso.
Tras a continuación, acoso inicial e premio: Aos 4 minutos, roubo arriba, balón a Nolito, remate a porta e gol tras rebote nun defensor. Houbo máis ocasións, moitas, e acerto ao final cun gran gol de Fontás nunha xogada ensaiada.
FICHA TÉCNICA
3-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny (Planas, min.69), Augusto, Wass (Radoja, min.86), Orellana, Pablo Hernández (Guidetti, min.77), Nolito e Iago Aspas.
0-R: Vallecano: Toño, Nacho, Raúl Baena, Ze Castro (Amaya, min.24), Quini, Ebi, Bebé (Juan Carlos, min.10), Trashorras, Lloorente, Lass e Manucho (Miku, min.72).
Goles: 1-0, min.11: Nolito, de penalti; 2-0, min.49; Nolito; 3-0, min.88: Fontás.
Árbitro: Martinez Munuera, do comité valenciano. Expulsou a Toño con vermello directo (min.10) e amonestou a Augusto, Jonny, Manucho.
Campo: Estadio de Balaídos, 17.306 espectadores.