Primeiro Equipo

O Celta, con boas ocasións para gañar, suma un punto ante o Granada

RC Celta

cel_ranada.jpg

Los vigueses dominaron con claridad el encuentro, pero no aprovecharon sus oportunidades (0-0)

 

Partido incómodo, complicado de moito traballo e desgaste que o Celta dominou e amplas fases, con boas ocasións incluídas, pero que chegou ao tramo final aberto, con oportunidades claras para os locais, que unha vez máis fixeron un bo partido.

 

Comezo igualado, con lixeiro dominio local e un adversario moi prudente. Aos 10 minutos, gol anulado a Sergi Gómez por fóra de xogo tras unha boa combinación na área. O Celta chegaba con claridade nos primeiros minutos de xogo nun partido aberto no que os vigueses atacaban con velocidade e decisión.

 

Aos 14 minutos despois, Pablo Hernández non aproveitou un erro de Roberto no despexe. O celeste, sen oposición, tocou de primeiras, pero o coiro saíu desviado.

 

Tras esa xogada, clara, a Granada deu un paso atrás e entregou o coiro ao Celta, que unha vez máis se topou cun rival que defendía co once no seu campo. Tocaba aplicar paciencia.

 

O cadro local dominaba con autoridade, pero era complicado atopar gretas na zaga granadina. O Celta dispuxo doutra boa ocasión aos 33 minutos nun cabezazo de Sergi Gómez á saída dun córner que despexou con apuros Roberto. Pouco despois, libre indirecto por cesión ao porteiro que acabou rexeitando a poboada Zaga visitante.

 

Até o descanso, moita brega e esforzo sen repercusión no marcador.

 

Tras a continuación, Roberto volveu aparecer para deter un remate de Nolito. O Celta saíu máis decidido e nos primeiros minutos non abandonou o campo da Granada. Os celestes empuxaban con firmeza e aos 11 minutos chego unha boa ocasión. Gran pase de Kronh-Dehli a Larrivey e remate desviado á media volta do ariete.

 

Pouco despois, mesmos protagonistas,. De novo o remate de Larrivey saíu desviado. A Granada respondeu cun disparo de Rochina que saíu preto do pau. Roberto atrapou despois un bo remate de Nolito. O partido axitábase. Houbo chegadas e ocasións para ambos e o encontro entrou na recta final toralmente aberto.

 

A falta de tres minutos, a mellor ocasión para o Celta, un man a man de Orellana quen sacou co pé Roberto.

 

FICHA TÉCNICA

0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo (Álex López, min.85), Cabral, Sergi Gómez (Fontàs, min.71), Jonny, Radoja, Kronh-Dehli, Pablo Hernández (Augusto, min.63), Orellana, Nolito y Larrivey

 

0-Granada: Roberto, Nyom, Babin, Murillo, Juan Carlos, Iturra, Fran Rico, Foulquier, Sissoko (Márquez, min.68), El arabi (Success, min.53) y Córdoba

 

Goles: sen goles

 

Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Iturra, Juan Carlos, Fran Rico, Nyom

 

Campo: Balaídos, 17.023 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas