Primeiro Equipo

O Celta, con afouteza e unha gran afección, suma ante a Real

RC Celta

celebracio_cel-real_1314.jpg

Nolito e Mina anotaron para os celestes, que xogaron en inferioridade toda a segunda metade (2-2)

 

O Celta, cunha coraxe enorme e unha afección decisiva, superou as adversidades para sumar un valioso empate cando tiña todo en contra. A Real anotou no arranque do partido e nos últimos instantes da primeira metade e despois xogou en superioridade toda a segunda marte. Nolito, de penalti, e Santi Mina foron os goleadores.

 

Ida e volta desde o primeiro instante, cunha Real de extraordinaria ambición e un Celta que saía cara arriba en velocidade á mínima ocasión. Aos 7 minutos, Canles recolleu un rexeite na frontal e bateu a Yoel. Gran efectividade nun conxunto donostiarra que empuxara con forza desde o primeiro minuto.

 

Sufriu o Celta nos minutos seguintes, un tanto aparvado polo tanto rival. A Real seguía chegando arriba con certa claridade ante un conxunto local un tanto impreciso.

 

Os celestes reaccionaron, sacudíronse a ansiedade, cumpridos o vinte minutos de xogo e comezaron a crear perigo. Bravo sacou dúas boas mans ara salvar á Real. O Celta encadeaba chegadas con moi bo fútbol e facía méritos para igualar o choque.

 

Aos 36 minutos, clara derriba de Íñigo a Mario Bermejo na área e penalti, sen amarela, que sería a segunda, para o central donostiarra. Nolito marcou e empatou o encontro. Pero ao bordo do descanso, aos 42 minutos, Griezmann recolleu un envío á área para ‘fusilar’ a Yoel coa dereita. A Real acertara na súa primeira chegada en moitos minutos tras sufrir o acoso dun Celta que merecía moito máis.

 

Tras a continuación, expulsión de Aurtenetxe aos dous minutos. Vermella directa para o central celeste que complicaba ao máximo o partido. O Celta tratou de reporse a esta gran adversidade e buscou o empate con empeño. E cun gran risco de encaixar á contra.

 

O partido toleou por completo, con chegadas en ambas áreas, aínda que os visitantes facíano en superioridade aproveitando os espazos que deixaba un Celta que atacaba con todo.

 

Os vigueses insistiron son desfalecer para entrar no cuarto de hora final con opcións, xerando ocasións. E Santi Mina aproveitouna aos 26 minutos tras un envío desde a esquerda. Rematou con forza e bateu a Bravo. O corazón, o empuxe da afección, levou polo aire ao equipo ata o minuto final.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, min.69), Aurtenetxe, Jonny, Fontás, Krohn-Dehli, Augusto (Orellana, min.60), Rafinfa, Nolito e Mario Bermejo (Santi Mina, min.60)

 

2-R.Sociedad: Bravo, Zaldúa, Mikel, Íñigo Martínez, José Ángel, Zurutuza (Castro, min.85), Bergara, Canales (Rubén Pardo, min.75), Vela, Griezmann e Aguirretxe

 

Goles: 0-1, min.7: Canales; 1-1, min.37: Nolito, de penalti; 1-2, min.42: Griezmann; 2-2, min.81: Santi Mina

 

Árbitro: Estrada Fernández, do comité valencián. Expulsou con vermella directa a Aurtenetxe (min.47) e amonestou a Hugo Mallo, Mario Bermejo, Cabral, Ínigo, Canales, Zaldúa, Griezman, Rubén Pardo

 

Campo: Balaídos, 20.839 espectadores. Antes do comrezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do ex médico do club Juan José Crespo Salgado

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas