Primeiro Equipo

O Celta comeza a Liga en Balaídos contra o Getafe CF

RC Celta

celta-getafe-1314-augusto.jpg

A primeira xornada do campionato ligueiro disputarase a fin de semana do 24 de agosto

 

O RC Celta xa coñece o seu calendario de enfrontamentos para a tempada 2014/2015 de Primeira División. A Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu esta mañá o sorteo da RFEF, que determinou que o conxunto celeste arrinque a competición en Balaídos contra o Getafe FC, o fin de semana do 24 de agosto. Os célticos finalizarán a campaña tamén no estadio vigués e contra o RCD Espanyol, unha situación idéntica á de hai dúas tempadas, na que o RC Celta conseguiu a permanencia ante o club catalán na última xornada.

 

No calendario destaca o regreso do derbi galego. Balaídos acollerá o primeiro enfrontamento ante o RC Deportivo da Coruña entre semana, na xornada 5 (24 de setembro), mentres que o partido da segunda volta celebrarase en Riazor na xornada 24 (22 de febreiro).

 

O Celta acudirá ao Vicente Calderón na xornada 4 (21 de setembro) para medirse ao vixente campión de Liga, o Atlético de Madrid, que visitará Vigo na xornada 23 (15 de febreiro). O FC Barcelona, subcampión de Liga, recibirá aos celestes no Camp Nou na xornada 10 (2 de novembro) e viaxará á cidade olívica na xornada 29 (5 de abril). Pola súa banda, o vixente campión da Champions League, o Real Madrid, xogará contra o RC Celta no Santiago Bernabéu na xornada 14 (7 de decembro) e en Balaídos na xornada 33 (26 de abril).

 

Como xa ocorrese na pasada tempada, o RC Celta ‘recollerá’ aos rivais que se enfronten ao Real Madrid. O calendario completo de Primeira División pode consultarse na seguinte ligazón da RFEF: www.bit.ly/CalendarioTW


Fotografía: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas