Os celestes estreanse no campionato lonxe de casa. O primeiro derbi galego, na X12 en Riazor
CELTA TV: BERIZZO VALORA O CALENDARIO DE LIGA DO CELTA
A Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu esta mañá o sorteo da liga 2015/2016, un acto ao que acudiu o presidente céltico Carlos Mouriño en representación do Real Club Celta. O conxunto vigués arrincará a tempada no Ciutat de Valencia ante o Levante UD, o 22 ou 23 de agosto, e despedirase do campionato ligueiro ante o Atlético de Madrid no Vicente Calderón o 14 ou 15 de maio. O primeiro partido en Balaídos, o 29 ou 30 de agosto ante o Rayo Vallecano.
Un dos partidos máis atractivos para os afeccionados galegos, o derbi ante o RC Deportivo, xogarase en Riazor na xornada 12, o 7 ou 8 de novembro, e en Balaídos na 31, o 2 ou 3 de abril.
X1: Levante – Celta
X2: Celta – Rayo Vallecano
X5: Celta – Barcelona
X9: Celta – Real Madrid
X12: Deportivo – Celta
X19: Celta – Atlético
X24: Barcelona – Celta
X28: Real Madrid – Celta
X31: Celta – Deportivo
Podes consultar o calendario completo da Liga AQUÍ e o do Celta AQUÍ.