Os dous equipos vigueses disputarán un amigable o martes 29 de xullo no Campo de Barreiro
O RC Celta engade un novo compromiso á súa pretempada, nesta ocasión marcado no calendario con especial agarimo. Os celestes enfrontaranse ao Rápido de Bouzas o martes 29 de xullo no Campo de Barreiro có centenario do conxunto boucense como telón de fondo. A recaudación do partido, cuxa hora está pendente de definirse, será en beneficio do equipo aurinegro.
Con cen anos de historia e unha importante e sólida labor de canteira, o Rápido de Bouzas é un club referente tanto no panorama futbolístico vigués como galego. Entre os logros recentes dos boucenses destaca a consecución da Copa Federación de Galicia na tempada 2012-2013.
Este encontro de preparación únese aos xa anunciados ante o Norwich City e o Wolverhampton Wanderers, partidos que os célticos disputarán o 1 e 2 de agosto respectivamente durante a xira do equipo celeste polo Reino Unido.