John Guidetti debutou e anotou o seu primeiro gol cando levaba menos dun minuto sobre o césped
O Celta foi o vencedor do Tornéu Turismo Porto e Norte, un triangular disputado na localidade portuguesa de Vila do Conde. Os celestes empataron a ceros no seu primeiro encontro, ante o Paços Ferreira, e venceron ao Rio Ave 0-2 con goles de Guidetti e Fontàs. O xogador sueco anotou no seu debut e fíxoo cando levaba menos dun minuto sobre o terreo de xogo. Inmellorable estrea como futbolista celeste.
PAÇOS FERREIRA – RC CELTA
O Celta dominou a maior parte do seu primeiro encontro do triangular de Vila do Conde ante o Paços Ferreira. Os celestes exerceron unha boa presión, tanto con balón como sen el, e demostraron a calidade que atesouran en varias xogadas ofensivas nas que faltou maior definición.
Iago Aspas rozou en varias ocasións o gol, pero o gol resistiuse a chegar. O conxunto luso tivo a súa mellor oportunidade nun lanzamento de Paulo Henrique que rozou o traveseiro. O partido terminou con forzas igualadas e empate a ceros. Nos penaltis o Celta estivo máis acertado (2-4).
RC CELTA: Rubén, Sergi Gómez, Cabral, Fontàs, Jonny, Augusto, Pablo Hernández, Wass, Orellana, Iago Aspas e Bongonda.
Goles: sen goles. Nos penaltis 2-4 a favor do RC Celta.
Árbitro: Armando Mendes. Amoestou polo Celta a Augusto e Wass.
Observacións: Estádio do Rio Ave FC. 2000 espectadores.
RIO AVE – RC CELTA
O partido ante o Rio Ave, anfitrión do torneo, comezou cun susto na bancada. Un lume nun dos accesos á tribuna obrigou a deter o partido durante uns minutos. O incendio controlouse enseguida.
Os celestes estiveron máis elevado na parcela ofensiva neste segundo choque. A entrada de John Guidetti, no seu debut como xogador do Celta, foi un auténtico revulsivo. Apenas levaba 1 minuto sobre o céspede cando, no primeiro balón que tocaba, puxo o 0-1 no marcador. Inmellorable a estrea do sueco. Apenas uns minutos despois, no 25, Fontàs celebrou a súa recente renovación anotando o segundo gol céltico. O partido finalizou 0-2 a favor dos vigueses, un resultado co que o Celta se proclamou vencedor do torneo.
RC Celta: Rubén, Sergi Gómez (Guidetti, min.15), Cabral (Costas, min.42), Fontàs, Jonny, Augusto (Radoja, min.24), Pablo Hernández (Madinda, min.40), Wass (Borja Fernández, min.42), Orellana (Jordan, min.32), Iago Aspas (Pape, min.37) e Bongonda (Señé, min.21).
Goles: Guidetti, 0-1 (min.17); Fontàs, 0-2 (min.25).
Árbitro: Armando Mendes. Amonestou polo Celta a Iago Aspas, Pape.
Observacións: Estádio do Rio Ave FC. O partido detívose ao cinco minutos de xogo por un lume nun dos accesos á bancada, incidente que enseguida se resolveu sen ter que lamentar ningún dano.