Primeiro Equipo

O Celta cae pola mínima en Madeira

RC Celta

Maritimo_1-0_Celta_2013.jpg

Os celestes perderon ante o Marítimo de Funchal no último partido amigable da pretempada

 

O Celta dominou a primeira parte do encontro contra o Marítimo, aínda que foi o conxunto luso o que gozou das ocasións máis claras. No minuto 19 Rossi fallou totalmente só ante Yoel, nunha oportunidade inmellorable para adiantar ao seu equipo no marcador.

 

Pese algunha desincronización puntual na defensa, os celestes mostrábanse seguros atrás e expeditivos na fronte ofensiva. Nolito buscou o gol en varias ocasións desde fóra da área, con disparos colocados que non entraron na portaría por moi pouco. Hugo Mallo e Krohn-Dehli, moi activo nas labores organizativos, tamén probaron fortuna desde a frontal da área con igual resultado.

 

A nota discordante do primeiro tempo protagonizouna Oubiña, que tivo que retirarse do terreo de xogo por unhas molestias no ombreiro esquerdo producidas por unha mala caída. O canteirán Levy Madinda substituíulle.

 

No segundo período a superioridade viguesa aumentou. Os de Luís Enrique dominaban o esférico e axexaban a área lusa, aínda que sen conseguir definir na finalización das xogadas. Madinda e Augusto puxeron a proba ao porteiro José Sá minutos antes de que o Marítimo anotase o 1-0. Un fallo de Cabral no despexe aproveitouno Rodrigo para bater a Yoel.

 

O resultado non facía xustiza ao que se estaba vivindo no céspede. Os celestes, entregados, roldaban a área portuguesa con insitencia, pero as oportunidades de gol non chegaban. Nos minutos finais fíxose patente o cansazo no Celta, posibilitando que Helton gozase de dúas boas ocasións para sentenciar o partido. O encontro finalizou con vitoria pola mínima do Marítimo de Funchal.

FICHA TÉCNICA

 

1-MARÍTIMO: José Sá, Igor Rossi, Rozário, Rubén, Joao Luiz, Artur, Sami, Briguel, Danilo Pereira, Ferreira, Derlei. Tamén xogaron: Rodrigo, Brigido, Soares e Gegé

 

0-RC CELTA: Yoel, Hugo Mallo, Cabral (David Costas, min.72), Fontás, Toni, Oubiña (Madinda, min.37), Álex López, Krohn-Dehli, Augusto (David, min.79), Nolito (Orellana, min.72) e Charles

 

Goles: Rodrigo, 1-0 (min.65)

 

Árbitro: Gomes. Amonestou a Fontás

 

Campo: Estadio de Barreiros

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas