Primeiro Equipo

O Celta cae en Balaídos ante o FC Barcelona

RC Celta

CEL-BAR_1314_EDITADA.jpg

Os celestes ofreceron unha boa imaxe e dispuseron de boas ocasións para marcar (0-3)

 

Excesivo castigo para o Celta sen fortuna ante o Barcelona, que gañou con contundencia en Balaídos nun choque con gran ritmo no que os celestes dispuxeron dun bo número de ocasións para marcar. Boa imaxe do Celta, que estivo sempre no partido a pesar dos contratempos.

 

Presión adiantada, agresividade e velocidade. O Celta saíu enchufado no partido e xerou perigo nos primeiros instantes. Hugo Mallo lanzou desviado desde a frontal ao catro minutos. Catro despois, fallo na saída de balón e gol do Barcelona. Alexis rematou a porta o rexeite de Yoel a disparo de Fábregas. Primeira chegada e vantaxe visitante.

 

Os celestes trataron de reporse e manter a actitude do inicio. Fixérono ante un rival que escondía o coiro e saía con velocidade, creando perigo cando atopaba espazos. O Celta tamén chegaba e o partido tiña un ritmo enorme, aínda que sen oportunidades claras para ningún. Aos 26 minutos Charles rompeu ao espazo e o seu disparo foi ben atallado prol Valdés.

 

Rafinha lanzou rozando o pau pouco despois nunha boa ocasión para os célticos, que seguían de pleno no encontro. De novo o medio celeste lanzou con potencia tras unha gran xogada ofensiva e Valdés atopouse o coiro. Con media hora cumprida, gol anulado a Nolito por presunta falta de Charles a Valdés…

 

Até o descanso, igualdade e disputa, co Celta dando a cara e buscando o empate. Álex López tentouno no 44 cun lanzamento que atallou ben a meta rival.

 

Aos dous minutos, tras a continuación, gran xogada do Barcelona e mala fortuna para o Celta. O remate de Fábregas rebotó no traveseiro e nas costas de Yoel para acabar na rede. Ao seis a minutos, gran combinación entre Hugo Mallo e Augusto e remate final de Nolito con boa intervención de Valdés.

 

O Barcelona volveu acertar na seguinte. Fábregas culminou unha contra cun potente lanzamento próximo. Moi avultada a derrota para o exposto por ambos os equipos. Nolito rebentou o coiro no traveseiro aos 22 minutos cun gran lanzamento de falta.

 

O partido foi languideciendo aos poucos, sen excesivas aproximacións.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Aurtenetxe (Toni, min.55), Oubiña, Álex López, RafinhA, Augusto (Santi Mina, min.58), Nolito (Orellana, min.68) e Fontás

 

3-F.C.Barcelona: Víctor Valdés, Dani Alves, Puyol, Bartra, Fábregas (Iniesta, min.69), Adriano (Montoya, min.31), Song, Busquets, Pedro, Alexis (Tello, min.82) e Messi

 

Goles: 0-1: min.8: Alexis; 0-2, min.47: Fábregas; 0-3, min.54: Fábregas

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Rafinha, Augusto, Cabral, Fábregas

 

Campo: Balaídos, 26.636 espectadores

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas