Os vigueses melloraron as súas prestacións, pero seguen sen gañar en Balaídos
Partido igualado en Balaídos no que o ELche acertou nunha contra e levou o tres puntos. Ao Celta, que o tentou até o final, pero careceu de fortuna. Santi Mina marcou en posición legal nos últimos minutos, pero o tanto foi anulado.
O Elxe comezou arriba con varias xogadas de estratexia e un paradón de Yoel a un remate de socato de Manu do Moral. A posta en acción o cadro ilicitano foi poderosa, con gran empuxe e ambición.
O Celta se rehízo enseguida e comezou a mover o coiro con velocidade e criterio. Así chegaron un par de centros con perigo sobre a portaría do Elche. O partido disputábase en cada metro do campo, cunha gran intensidade, sen concesións.
Aos 22 minutos, Charles rematou con forza na área tras un centro de Toni e o coiro rebotó nun defensa case baixo os paus nunha gran ocasión para os celestes. Pouco despois, roubo arriba e remate cruzado de Toni que saíu moi preto do pau.
Xa con media hora cumprida, intercambio de golpes, aínda que sen perigo real. Nos últimos minutos, dúas boas chegadas do Celta e unha contra con remate elevado de Manu del Moral.
Tras a continuación, novo intercambio de golpes, cun Celta máis vertical que volvía chegar con centros laterais con perigo. Os vigueses empuxaban con máis firmeza e convicción en busca da vitoria.
Pero aos 16 minutos, contragolpe tras un córner a favor e remate cruzado de Javi Márquez á rede. O Celta víase por baixo no marcador coa necesidade de arriscar máis para tratar de sacar algo positivo.
A falta de nove minutos, gol legal de Santi Mina anulado. Pau para os celestes. O canteirán cabeceou á rede unha falta en posición legal, pero o tanto non computou. Non puido ser.
FICHA TÉCNICA
0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Toni, Oubiña, Álex López, Rafinha, Augusto (Krohn-Dehli, min.65), Nolito (Santi Mina, min.65) e Charles
1-Elche CF: Manu Hererra, Damián, Lombán, Fidel, Botía, Albácar (Cisma, min.68), Rubén Pérez, Javi Márquez, Carles Gil (Mantecón, min.84), Manu del Moral (Boayke, min.74) e Coro
Goles: 0-1, min.62: Javi Márquez
Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Oubiña, Coro, Fidel
Campo: Estadio de Balaídos, 19.678 espectadores
Foto Diego Pérez