Os de Luis Enrique perderon pola mínima, aínda que tiveron a posesión do balón e puideron empatar
Como vén sendo habitual esta pretempada, o Celta comezou o partido apostando por un 5-3-2. Os vigueses mostrábanse seguros en defensa e expeditivos no ataque, grazas sobre todo ao dinamismo de Nolito no ataque. Por parte do conxunto asturiano o perigo partía das botas de Mendy.
No minuto 5 un pase de David Rodríguez atopou a Nolito no segundo pau, que estivo a piques de anotar o primeiro gol da tarde. A defensa sportinguista despexou o balón baixo paus. Os dianteiros rivais puxeron a proba a Sergio en varias ocasións, con disparos desde fóra da área que o gardameta galego acertou a atrapar con comodidade.
O Celta por outra banda achegábase ao gol con xogadas máis elaboradas. No minuto 25 Nolito viu o desmarque de David Rodríguez e asistiulle entre liñas, con moitísima calidade. O dianteiro céltico non foi capaz de definir só ante o porteiro e o balón acabou fóra. Gran ocasión para o conxunto olívico.
O ritmo do partido descendeu por parte de ambos equipos, aínda que o Celta gozaba de maior posesión do esférico. Con todo sería o Sporting de Xixón o primeiro en golpear. No minuto 37 Carmona enviou o balón raso á área céltica, onde apareceu Jara para rematar con contundencia e pór o 0-1 no marcador. Antes do descanso Madinda tivo o empate nas súas botas. Impresionante lanzamento desde case 40 metros da portaría que Alberto despexou con dificultade.
Tras o descanso Charles substituíu a Nolito e Borja Oubiña a Javi Rey. Na segunda parte ningún dos equipos gozou de ocasións claras de gol. No 55 un lanzamento de falta de Álex López rozou o traveseiro e en 76 Guerrero cabeceou moi preto do poste esquerdo da portaría de Sergio.
Os celestes tocaban con criterio e tras os últimos cambios (Fontás, Cabral, Toni, Augusto, Krohn-Dehli e Pablo Pérez) os de Luís Enrique recuperaron presenza en campo rival. No 86 o ataque céltico internouse na área rival, pero a zaga asturiana anulou os remates de Toni e Augusto antes de que Alberto tivese que intervir.
Casquero tivo no minuto 90 o 0-2 nas súas botas. O futbolista branquivermello recibiu só na área e disparou de primeiras, pero Sergio luciuse para evitar o gol cunha gran estirada. O partido finalizou pouco despois.
FICHA TÉCNICA
0-RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Soto, Vila, Túñez, Bellvís, Madinda, Javi Rey, Álex López, Nolito y David Rodríguez. También jugaron: Charles, Oubiña, Fontás, Cabral, Toni, Augusto, Krohn-Dehli e Pablo Pérez
1-SPORTING: Alberto, Luis H., Julio, Iván, Álex Menéndez, Bustos, Cases, Á. Serrano, S. Jara, Mendy y Carmona. También jugaron: Cuéllar, Bernardo, López Garai, Ismael López, Guerrero, Guillermo, Barrera, Casquero e Lora
Goles: 0-1, Jara (min.37)
Árbitro: Corral García
Campo: A Magdalena (Vilalba, Lugo). Gran ambiente na bancada do estadio, repleta de afeccionados.