Primeiro Equipo

O Celta cae ante o Espanyol cun desafortunado gol sobre a bucina

RC Celta

jonny-espcel-1415.jpg

Os celestes encaixaron o tanto da derrota no minuto 90 (1-0)

 

O Celta arrincou o partido con seguridade e apostando como de costume por levar a iniciativa, pero tras o primeiros vinte minutos o Espanyol espertou e comezou a acaparar o balón.

 

As ocasións de perigo escasearon, aínda que os locais lograron enviar un par de perigosos centros á área pequena que por imprecisión ou polo bo facer da zaga celeste, non tiveron repercusión no marcador. Krohn-Dehli asinou varias asistencias de gran vistosidade, frustradas por situacións de fóra de xogo. O descanso chegou tras unha perigosa falta na frontal da área céltica que os pericos non lograron aproveitar.

 

Os vigueses recuperaron sensacións no primeiro tramo do segundo tempo. No minuto 50 Larrivey rematou de primeiras na área, disparo que rexeitou Casilla e que a punto estivo de aproveitar Orellana. Quince minutos despois os célticos tiveron a súa segunda gran ocasión, que tampouco tivo final feliz. Larrivey controlou o balón co peito na área, pero o seu remate forzado foi a parar sen complicacións ás mans de Casilla.

 

No tramo final do encontro o Celta cedeu a posesión da pelota ao Espanyol e comezou a exercer un bo traballo defensivo á espera de atopar unha oportunidade para golpear á contra. Os minutos finais foron dos branquiazuis, que se envorcaron na área celeste ata que, cando a repartición de puntos parecía un feito, Caicedo apareceu para dar o triunfo ao conxunto catalán. O dianteiro ecuatoriano, recentemente entrado ao terreo de xogo, enviou ao fondo da rede un balón solto na área olívica. Desafortunada derrota do Celta, que acariñou un valioso punto que se escapou sobre a bucina.

 

FICHA TÉCNICA

1-ESPANYOL: Casilla, Arbilla, Álvaro, H. Moreno, Fuentes, Abraham, Cañas, L. Vázquez, S. Sevilla (Montañés, min.69), Stuani (Caicedo, min.76), S. García

 

0- RC CELTA: Sergio, Radoja, Cabral, Fontàs, Jonny, Krohn-Dehli (Sergi Gómez, min.83), Pablo Hernández, Augusto, Orellana, Nolito, Larrivey

 

Goles: Caicedo, 1-0 (min.90)

 

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Arbilla, Fontàs, Cañas, Álvaro González, Pablo Hernández, Nolito

 

Campo: Cornellà-El Prat

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas