Os prezos das entradas para este partido son de 30 euros para Río e de 40 para Tribuna
O luns, primeira vitoria a domicilio, na Romareda; o xoves, épica remontada ante o Almería para pasar aos oitavos de final na Copa do Rei; o domingo, partido crucial ante o Levante, que ocupa posto UEFA, para situarse na zona tépeda da táboa clasificatoria.
O equipo celeste necesita o apoio da afecciónpara superar ao conxunto granota, un rival de gran experiencia que esixirá o mellor dos célticos. Para este partido, o prezo das entradas é de 30 euros para Río Alto e Baixo (20 para os Sub-23) e 40 euros para a grada de Tribuna.
O horario do despacho de billetes do estadio será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas o sábado e de 10.00 horas ata o inicio do partido o domingo.