Primeiro Equipo

O Celta B reforza o seu ataque coa incorporación de Guille Andrés

RC Celta

guilleandresweb.jpg

O dianteiro procede do Real Valladolid, club no que chegou a debutar có primeiro equipo

 

O filial celeste reforza o seu ataque coa incorporación do dianteiro Guille Andrés. O xogador chega a Vigo procedente do Valladolid B e vestirá a camiseta celeste a próxima tempada con opción a outro catro.

 

Guille Andrés (1992, Valencia) xogou nos equipos xuvenís do Vilarreal CF, no CD Olimpic de Xàtiva de 2ªB, na escuadra Sub-21 do Wigan inglés e no filial do Real Valladolid.

 

O futbolista valenciano debutou co primeiro equipo valisoletano o pasado outubro en Copa do Rei, anotando o primeiro tanto da vitoria ante o Girona. A pasada tempada tamén se estreou na competición de Segunda División co cadro valisoletano.

 

O xogador incorporouse este venres aos adestramentos do Celta B na Madroa.

 

Foto: Real Valladolid

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas