Primeiro Equipo

O Celta avanza na súa posta a punto

RC Celta

entrenouk-2-040814.jpg

O corpo técnico incrementa a presenza do esférico e o traballo táctico nos adestramentos

 

O Celta continúa co seu traballo de preparación de cara ao inminente inicio ligueiro. Os celestes realizaron onte unha sesión de recuperación e este luns exercítanse en dúas sesións nas que o balón toma maior protagonismo. Tras facer especial fincapé na condición física durante as primeiras semanas de pretemporada, o corpo técnico comeza agora a insistir nos conceptos tácticos, que xa deben porse en práctica durante os partidos da xira británica.

 

Tras empatar contra o Norwich City e o Wolverhampton Wanderers a semana pasada, o conxunto céltico afronta este martes e mércores outros dous partidos preparatorios en terras inglesas. O equipo adestrado por Eduardo Berizzo medirase mañá ao Burnley FC, recentemente ascendido á Premier League, no Turf Moor Stadium (19:30 hora local) e ao histórico Everton FC, quinto clasificado da Premier 2013/2014, o mércores en Prenton Park (19:45 hora local).

 

O primeiro equipo realizará o xoves o seu último adestramento no Reino Unido, xa que o venres tocará facer as maletas para regresar a Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas