Pablo Hernández adiantou aos célticos e Otamendi empatou na segunda metade
O Celta arrincou un punto no complicado campo de Mestalla tras un bo partido, con dominio alterno e ocasións para ambos. Pablo Hernández adiantou aos célticos e Otamendi empatou xa na segunda metade.
O Celta entrou de cheo no partido aos sete minutos: Pablo Hernández cabeceou á rede un saque de esquina botado desde a esquerda por Nolito. Funcionou a estratexia e o poderío aéreo de Pablo Hernández para desarmar a un Valencia que saíra cunha gran intensidade.
O tanto recostou o dominio do choque sobre o Celta, que tocaba con tranquilidade e criterio para superar a firme presión do cadro local. Tras un par de boas chegadas celestes, o partido equilibrouse e ao borde da media hora de xogo o Valencia tamén gozaba de bos achegamentos.
No tramo final, espectáculo, con ida e volta constante e chegadas en ambas áreas. O cadro celeste foi capaz de chegar ao descanso coa valiosa vantaxe e non só sen pasar excesivos apuros, senón creando perigo ao contragolpe.
Trala reanudación, o Valencia saíu de novo envorcado, con gran intensidade. No primeiro minuto Sergio sacou unha man prodixiosa para desviar un cabezazo de Otamendi ao longueiro. Alves salvou despois ante Larrivey tras unha gran xogada de ataque dos célticos, que aos poucos ían entrando no partido.
Aos 25 minutos, varapalo para os celestes. Otamendi recolleu un rexeite de Sergio para anotar o tanto do empate. O gol impulsou aos locais que apertaron arroba en busca da remontada.
Os célticos melloraron de novo no tramo final, no que dispuxeron de ocasións para anotar, algunhas realmente claras Bo partido dos Celta para puntuar nun campo moi compricado.
1-Valencia C.F.: Alves, Barragán, Mustafi (Negredo, min.69), Otamendi, Gayá, Parejo, Javi Fuego, André Gomes (Enzo Gómez, min.34), Feghouli, Piatti (De Paul, min.53) e Alcácer
1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Krohn-Dehli, Álex López (Sergi Gómez, min.80), Orellana, Pablo Hernández (Borja Fernández, min.65) , Nolito e Larrivey
Goles: 0-1, min.7: Pablo Hernández; 1-1, min.70: Otamendi
Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Cabral, Nolito, Kronh-Dehli, Hugo Mallo
Campo: Mestalla.