Primeiro Equipo

O Celta adxudícase con autoridade o LV Trofeo Luis Otero en Pasarón

RC Celta

pontevedra_celta_121114.jpg

Os celestes superaron ao Pontevedra (2-4) con hat-trick de Charles e un golazo de Santi Mina

 

O Celta adxudicouse con autoridade o LV Trofeo Luís Otero ao superar ao Pontevedra en Pasarón cun hat-trick de Charles e un gol de Santi Mina. Os celestes dominaron o encontro con claridade ante un rival ordenado e correúdo que tamén dispuxo das súas ocasións. Os vigueses acabaron con nove xogadores e os locais con dez.

 

O Celta, con sete canteiráns no once, tres deles do filial, tomou o mando do partido desde o primeiro instante e encadeou chegadas ata que obtivo froito. Aos 18 minutos, balón longo cara a Charles, cuxo primeiro remate, sobre a marcha e en difícil posición, foi desviado por Lloves, pero o ariete recolleu o rexeite e marcou o primeiro tanto do encontro.

 

Tres minutos despois, gran xogada de Hugo Mallo pola esquerda, con precioso autopase incluído, centro que rexeita a zaga e de novo Charles caza o coiro para marcar.

 

O conxunto céltico mantivo o empuxe cunha veloz circulación de balón e continuou coleccionando chegadas. Ante un rival ordenado e voluntarioso que tamén chegou con perigo nalgunha ocasión.

 

No minuto 43, a xogada desagradable do partido. Tángana e dobre expulsión: Hugo Mallo e Jorge Rodríguez fóronse aos vestiarios. Así acabou a primeira metade.

 

Tras a continuación, aos 8 minutos, Pablo Carneiro recibiu só ante Rubén e enviou o coiro á rede. Pouco despois, Santi Mina cegou cun gran control e un par de caneos, pero o seu remate saíu desviado. A xogada abriu unha avalancha de ocasións celestes non aproveitadas.

 

Tampouco o fixo Mouriño aos 20 minutos tras unha boa xogada individual. O seu remate acabou na madeira. Cinco minutos despois chegou o terceiro tanto celeste. Bo envío de Santi Mina e remate á rede de Charles, quen sumou o seu terceiro gol da noite.

 

Aos 30 minutos. Gran xogada de Santi Mina para anotar o cuarto, espectacular. O canteirán arrincou de lonxe e foise de varios contrarios antes de aloxar o coiro na rede.

 

O Pontevedra respondeu con outro verdadeiro golazo. Xenial xogada, con varias paredes e remate acrobático de chilena de Pablo Carneiro.

 

FICHA TÉCNICA

2-Pontevedra C.F.: Lloves, Adrián, Anxo, Pablo, Capi, Kevin, Benja, Pedro García, Tomás, Jorge Rodríguez y Centrón. También jugaron Edu, Campillo, Jacobo, Tubo, Pablo Carnero, David Feito, Mouriño, Agus e Yago     

 

4-R.C. Celta: Rubén, Hugo Mallo, Soto, Fontàs, Sergi Gómez (Samu, min.46), Goldar, Álex López, Borja Fernández, Augusto (Jordan, min.73), Santi Mina e Charles (Julio Delgado, min.82).

 

Goles: 0-1, min.18: Charles; min.21: Charles; 1-2, min.53: Pablo Carnero; 1-3, min.70: Charles; 1-4, min.75: Santi Mina; 2-4, min.85: Pablo Carnero

 

Árbitro: Alejandro Muñiz. Expulsou con vermella directa a Jorge Rodríguez y Hugo Mallo (43.) e amonestou a Adrián, Lloves, Augusto

 

Campo: Pasarón

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas