Miguel Rodríguez dá o paso definitivo nunha progresión constante que iniciou no RC Celta con 10 anos de idade. O canteirán dispón xa de ficha do primeiro equipo e lucirá o dorsal 24 no que resta de tempada. O club mostra desta maneira a súa confianza e respaldo ao mozo atacante, que debutou co primeiro equipo na tempada 2020/2021 e nesta campaña disputou xa once encontros de Liga e cinco de Copa.
O paso definitivo ao primeiro equipo de Miguel Rodríguez, quen o pasado ano renovou ata 2028, referenda a firme aposta do RC Celta pola súa canteira, cuxo desenvolvemento, potenciación e mellora é un dos obxectivos prioritarios do club que preside Marián Mouriño.